Inicio Galicia Tanxugueiras e Os Azeitonas actuarán no certame ?Aritmar? 2019

Tanxugueiras e Os Azeitonas actuarán no certame ?Aritmar? 2019

0

O Auditorio de Galicia acolle este mércores a gala, con entrada de balde ata completar a capacidade da sala


O certame aRi[t]mar promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela coa colaboración da Xunta trae este mércores, 4 de decembro, ás 21,00 horas ao Auditorio de Galicia ás gañadoras desta edición, que son Tanxugueiras, Os Azeitonas, Susana Aríns, Marta Chaves e Uxía, ademais da actuación Carlos Blanco.

Na rolda de prensa de presentación do evento participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen sinalou que aRi[t]mar é “un escaparate magnífico para visibilizar e dar eco a multitude de voces que poñen en evidencia algo que nos vén dado por herdanza cultural e secular que é a posibilidade da lingua galega e de Portugal e da lusofonía no seu conxunto”. “Isto encauzámolo en 2014 coa Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coñecida como Lei Valentín Paz Andrade, e a partir de aí lográronse dous feitos importantes como é a introdución da oferta do portugués no ensino, que leva a que preto de 3.000 alumnos estuden portugués en secundaria en máis de 65 centros; e tamén a colaboración entre a CTVG e a RTP”, explicou.

Participaron canda el Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; Gonzalo Constenla, director da Escola Oficial de Idiomas (EOI) compostelá, e Xosé Lago, subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza da Xunta de Galicia. Promover o galego na lusofoníaA gala aRi[t]mar está promovida pola EOI compostelá, xunto coas consellerías de Cultura e Turismo; Educación, Universidade e Formación Profesional e Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Patrocínana tamén a Deputación Provincial da Coruña e Concello de Santiago de Compostela, Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e Instituto Camões-Centro cultural Portugués de Vigo. Colaboran a Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, as EOI de Lugo e Pontevedra e os centros do ensino portugués dependentes do Instituto Camões.

No apartado de poesía, as gañadoras foron a galega Susana Sánchez Arins, polo poema “e isso é o amor” (Tu contas e eu conto, Através Editora, 2018), e a portuguesa Marta Chaves, por “FACHADA” (Varanda de Inverno, Assírio e Alvim, 2018). Os poemas foron escollidos por votación popular en liña aberta a todo o público galego e portugués.

O xurado do certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela decidiu conceder o Premio aRi[t]mar especial do xurado “Embaixada da Amizade galego-lusófona” á cantora galega Uxía. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre