Inicio Galicia Sorteadas esta mañá nove vivendas de promoción pública rehabilitadas no barrio da...

Sorteadas esta mañá nove vivendas de promoción pública rehabilitadas no barrio da Tinería

0
image_gallery.jpg

As vivendas do casco histórico de Lugo atópanse en catro edificios reformados integramente nas rúas Tinería e Recanto do Miño


O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) sorteou esta mañá ante notario nove vivendas novas da Tinería, emprazadas en catro edificios das rúas Recanto do Miño e Tinería, con superficies que varían dos 40 aos 110 metros cadrados. A inversión derivada da adquisición dos inmobles e das obras de rehabilitación superou os 1,8 millóns de euros, investidos polo IGVS. Unha vez realizado o sorteo dos posibles adxudicatarios, o proceso continúa coa comprobación dos requisitos que deben cumprir as persoas solicitantes para poder acceder a esa vivenda.

Do número 15 da rúa Tinería adxudicaranse cinco novas vivendas, nun edificio no que o IGVS empregou o maior orzamento das últimas rehabilitacións acometidas no barrio, xa que destinou á adquisición e reforma integral do inmoble, máis de 1,1 millóns de euros. As vivendas sorteadas hoxe correspóndense aos pisos primeiro e segundo, todos eles de dous dormitorios e con superficies de entre 68 e 85 metros cadrados. Nesta mesma rúa, pero no número 30, se porán a disposición dos futuros adxudicatarios dúas vivendas no primeiro piso, dun dormitorio, e con 46 e 59 metros cadrados. Neste inmoble a inversión do IGVS superou os 327.000 euros.

No que respecta á outra rúa, o Recanto do Miño, paralela á Muralla, o sorteo de hoxe determinará os futuros veciños e veciñas do número 11-13, un edificio, no que se investiu 236.581 euros, cunha vivenda de tres dormitorios e algo máis de 109 metros cadrados. Nesta mesma rúa, no número 17, se porá a disposición dos solicitantes unha vivenda de pouco máis de 40 metros cadrados, cun dormitorio. Investíronse algo máis de 158.000 na adquisición e rehabilitación desta casa.

Coa recuperación destes catro inmobles, no barrio da Tinería hai un total de 40 edificios rehabilitados pola Xunta de Galicia; con 96 vivendas reformadas, e 23 locais comerciais postos a disposición de emprendedores, aos que en breve se sumarán outros dous.

Dúas vivendas en MondoñedoTamén tivo lugar esta mañá o sorteo de dúas vivendas emprazadas nos números 26-28 da praza dos Muíños de Mondoñedo, trala rehabilitación que levou a cabo o IGVS cunha inversión de máis de 430.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre