Inicio Galicia Sométese a información pública a solicitude de inclusión no Catálogo galego de...

Sométese a información pública a solicitude de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras un exemplar de freixo en Cambados

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se inicia este trámite, por un período de 20 días, a petición dos particulares

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se inicia a información pública da solicitude para ampliar o Catálogo galego de árbores senlleiras coa incorporación dun exemplar de freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia) no Concello de Cambados.

O exemplar de freixo está situado nas proximidades ao Pazo de Fefiñáns en Cambados e as súas principais dimensións son 21,1 metros de altura total e 3,5 metros de perímetro normal. Os promotores desta inclusión non achegan á Consellería fotos deste exemplar.

Deste xeito, ábrese a partir de mañá un período de 20 días hábiles durante o cal os interesados poderán presentar a documentación, observacións ou alegacións que estimen oportunas con relación á catalogación destes elementos no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O obxectivo de promover a inclusión dun exemplar ou formación arbórea dentro do Catálogo galego de árbores senlleiras é garantir a súa protección e conservación, ao entender que pola súa propia singularidade, merecen ser preservados e inventariados.

A información dos expedientes estará dispoñible para a súa consulta nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural en San Lázaro (Santiago de Compostela) e na Xefatura Territorial de Medio Ambiente en Pontevedra, e tamén poderá examinarse de forma dixital a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O Catálogo galego de árbores senlleirasO Catálogo galego de árbores senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións merecentes de protección en atención ás características excepcionais que as fagan merecentes dunha protección especial. Trátase dunha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións públicas, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza. De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, este catálogo foi obxecto xa de diversas revisións.

Na actualidade, hai un total de 190 elementos (151 exemplares e 39 formacións arbóreas) pertencentes a 80 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre