Inicio Galicia SóLODOS estrea en Ourense a súa coprodución co centro coreográfico galego ?Corps...

SóLODOS estrea en Ourense a súa coprodución co centro coreográfico galego ?Corps Sonore?

0

Dirixida por Erik Jiménez, a montaxe poderá verse do 1 ao 3 de xuño no Parque Botánico Montealegre

A compañía ourensá SóLODOS estrea o vindeiro 1 de xuño o espectáculo de danza Corps Sonore, realizado co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego (CCG). O escenario destas primeiras funcións, programadas do venres 1 ao domingo 3 ás 19,00 h., será o Parque Botánico Montealegre de Ourense, onde tamén terá lugar un pase para escolares o primeiro dos días, ás 11,30 h.

Erick Jiménez e Maruxa Sala presentaron hoxe a nova montaxe da súa compañía xunto ao director da Agadic, Jacobo Sutil, e ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. O Concello ourensán é tamén unha das entidades colaboradoras desta proposta, que conta ademais coa coprodución da Association Neuf Portes, da localidade francesa de Saisy.

Na súa intervención, Sutil explicou que Corps Sonore foi un dos tres proxectos seleccionados polo Centro Coreográfico Galego a partir da convocatoria do seu programa de coproducións para a temporada 2017-2018, dentro do que tamén se apoian os espectáculos Directo 9, de Pisando Ovos, e Pink Unicorns, de La Macana. “Son tres propostas contemporáneas, que apostan polas novas linguaxes escénicas desde moi diferentes puntos de partida e que virán, sen dúbida, enriquecer enormemente o noso panorama cultural no eido da danza”, asegurou.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

O director da Agadic sinalou que a danza continúa a precisar un apoio adicional para incrementar a súa presenza nos escenarios galegos. “Por esta razón –continuou– este ano incorporamos cambios nas bases das nosas subvencións á produción escénica, de xeito que se garante a realización nesta temporada de, cando menos, dous espectáculos específicos de danza, como proximamente faremos público”.

Arte e paisaxeNo caso de SóLODOS, a súa nova creación foi concibida dentro da corrente da Land Art, na que paisaxe e arte están estreitamente ligadas. Erick Jiménez é o seu coreógrafo e director artístico, ademais de intérprete xunto a Will Menter, François Merville e Jane Norbury. Estes tres bailaríns están implicados, ademais, noutras facetas artísticas como o deseño dos espazos sonoro e escénico, mentres que Maruxa Salas exerce aquí como directora de produción e axudante de dirección e coreografía. O equipo complétase con Manu Lago, tamén en tarefas de produción.

Corps Sonore xurde do diálogo dos artistas coa contorna, dando lugar a unha comunicación en múltiples direccións entre a paisaxe, a arquitectura, a música e a danza. A partir de aí, utilízase o espazo escénico como metáfora do contexto (lugares urbanos, rurais…) para interactuar co medio de forma directa. Como resultado, o corpo dos intérpretes, o espazo escénico e as esculturas sonoras reproducen un imaxinario estético e sonoro a modo de paisaxe cheo de efectos e sensacións, onde o público pasa de ser mero observador a partícipe da obra.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -