Inicio Galicia Sofía e Mateo son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos...

Sofía e Mateo son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

0
image_gallery.jpg

O IGE publica a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2019


O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou esta semana a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2019, que reflicte que Sofía e Mateo seguen sendo os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Os nomes de mulleres máis frecuentes son Sofía, Noa, Martina, Lara e Lucía. Se se compara co 2018, os dous primeiros continúan na mesma posición mentres que Martina sube un posto, ata o número tres, e Lara e Lucía pasan a estar entre os cinco máis empregados. Se se establece unha comparativa con hai unha década, no 2009, Lucía e Noa seguen estando entre os cinco primeiros.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son Mateo, Lucas, Martín, Hugo e Leo. A mesma comparativa co 2018 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa única diferencia de que Lucas e Martín intercambian o segundo e o terceiro posto. Pola contra, se se establece unha comparativa cunha década antes, só se manteñen Hugo e Mateo.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como, entre 2018 e 2019, no caso dos nenos, todos os nomes coinciden agás Nicolás, que no 2019 é substituído por Álex. En canto ás nenas, no 2019 soben á lista Olivia, Vega e Sabela e desaparecen María, Antía e Mía. Ademais, na actualidade medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (Noa, Uxía ou Sabela) como para os nenos (Brais, Antón ou Iago).

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboaciónO IGE tamén dispón da Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome.

Nomes máis frecuentes en 2018 e 2019  NENOS

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre