Inicio Galicia Silvia Cortiñas Fernández toma posesión como nova secretaria xeral técnica da Consellería...

Silvia Cortiñas Fernández toma posesión como nova secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

0
image_gallery.jpg


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu esta mañá a toma de posesión de Silvia Cortiñas Fernández como nova secretaria xeral técnica, en substitución de Isabel Concheiro. Alí a titular de Mar agradeceu a Isabel Concheiro o seu compromiso e os servizos prestados e felicitou a Silvia Cortiñas polo novo nomeamento e polo seu compromiso co mar de Galicia ao asumir esta responsabilidade “nun momento que non é fácil” debido á situación derivada do coronavirus. Pola súa banda, Silvia Cortiñas agradeceu a confianza da conselleira do Mar por outorgarlle a oportunidade de seguir traballando por Galicia desde unha nova responsabilidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre