Inicio Galicia Sarria acolle desde hoxe a exposición que conmemora os 25 anos do...

Sarria acolle desde hoxe a exposición que conmemora os 25 anos do Camiño Francés como Patrimonio Mundial

0


A exposición itinerante que conmemora o 25 aniversario da inclusión do Camiño Francés na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial da Unesco, organizada por la Consellería de Cultura e Turismo, pode visitarse desde hoxe en Sarria. A localidade lucense acolleu esta tarde a inauguración da mostra nun acto que contou coa participación do director-xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e que incluíu unha homenaxe en lembranza ao párroco do Cebreiro, Elías Valiña, impulsor do Camiño de Santiago e fillo predilecto de Sarria ao celebrarse o 90 aniversario do seu nacemento.

A exposición, para a que foron invitados a participar todos os concellos do Camiño Francés, chega a Sarria despois de ter pasado por Santiago de Compostela, Portomarín e Lugo. Trátase dunha mostra fotográfica que pode verse no antigo cárcere comarcal e que realiza unha retrospectiva sobre este fito que, no contexto do Xacobeo 93, supuxo un punto de inflexión na peregrinación a Compostela. Enmárcase nas accións levadas a cabo pola Consellería de Cultura e Turismo para conmemorar esta efeméride e que tamén incluíu, entre outras, accións como a iluminación en tons azuis de preto dunha decena de monumentos ao longo deste itinerario xacobeo en Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre