Inicio Galicia Santiago acollerá a celebración do Festival de artes performativas ?Plataforma' apoiado pola...

Santiago acollerá a celebración do Festival de artes performativas ?Plataforma' apoiado pola Xunta

0

O obxectivo desta iniciativa, que conta cunha achega de máis de 70.000 euros por parte do Goberno galego, é tender pontes entre diferentes disciplinas artísticas

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do festival de artes perfomativas Plataforma que se desenvolverá na cidade de Santiago de Compostela entre os días 10 e 18 de setembro de 2020. Trátase dun proxecto que conta co apoio do Goberno galego mediante unha achega de máis de 70.000 euros e que está dirixido por David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo que, baixo o fío da performatividade, quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño.

Así, no marco desta colaboración, mediante a cal a Consellería de Cultura, Educación e Universidade achega máis de 70.000 euros, institucións de xestión autonómica como o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Museo de Peregrinacións e de Santiago, acollerán varias das propostas deste festival e que inclúen desde performances, concertos, danza e poesía ata deseño e arte contemporánea en exposicións, accións e conversacións capaces de unir a protagonistas galegos con valores recoñecidos internacionalmente.

Concretamente, o Museo das Peregrinacións e de Santiago acollerá xa durante a xornada de hoxe, ás 18,00 horas, unha charla sobre o deseño performativo, e unha acción performativa protagonizada por Juan López coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, que terá lugar ás 19,30 horas.

Por outra banda, o CGAC será o escenario da performance/concerto experimental dos artistas Cabello e Carceller que ofreceran Rapear Filosofía na que se indaga en textos fragmentados de Foucault, Sontag ou Butler, entre outros, reconstruíndoos e presentándoos mediante un discurso musical recitado por catro MCs (Menina Arroutada, García, Rendi Nue e DJ Mil). Ademais, Pablo Fidalgo presentará Qualcosa nascerà da noi, unha peza sobre unha correspondencia amorosa que inclúe un percorrido pola historia italiana e polas vidas caladas e repregadas.

Dentro desta iniciativa, o CGAC tamén acollerá a inauguración de Manuel de uso, unha exposición de La Ribot, comisariada por Iñaki Martínez Antelo, na que se mostra un percorrido polos seus traballos dos últimos vinte anos. As obras que integran a exposición están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre