Inicio Galicia Sanidade trasládalle ao Concello da Coruña o seu compromiso para poñer en...

Sanidade trasládalle ao Concello da Coruña o seu compromiso para poñer en marcha o centro de saúde de Santa Lucía

0

O xerente do Servizo Galego de Saúde pediulle ao concelleiro de Urbanismo da cidade herculina, á maior brevidade posible, un proxecto para que a Administración sanitaria galega garantice o centro de saúde cunhas dimensións adecuadas e unha doada accesibilidade


O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, trasladoulle hoxe pola tarde ao concelleiro de Urbanismo da Coruña, Juan Díaz Villoslada, o compromiso da Consellería de Sanidade para poñer en marcha o centro de saúde de Santa Lucía, tan demandado pola veciñanza.

Na reunión, que tivo lugar no Edificio Administrativo do Sergas en San Lázaro, o xerente pediulle ao concelleiro, á maior brevidade posible, o proxecto necesario para que a Administración sanitaria galega garanta o centro de saúde, cunhas dimensións adecuadas e cunha doada accesibilidade dende a rúa, co obxecto de que o seu uso sexa doado para os pacientes, na súa maioría de avanzada idade. Para estes obxectivos, Sanidade require uns 1.500 metros cadrados. Esta petición xa lla trasladara a Consellería de Sanidade ao anterior Goberno municipal da cidade herculina.

Fernández-Campa insistiulle a Juan Díaz que mellorar a asistencia sanitaria desta zona da cidade é prioritario para o departamento autonómico, de aí a importancia de contar cunhas instalacións que posibiliten ofrecer unha asistencia sanitaria cuns estándares de calidade óptimos.

Na xuntanza tamén se falou da atención hospitalaria, e das importantes obras de mellora que se están a executar no Complexo Hospitalario Universitario da cidade herculina, e da cooperación entre Concello e Xunta para avanzar no compromiso do Goberno galego de ampliar o hospital herculino ben en terreos limítrofes ou ben nun novo emprazamento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre