Inicio Galicia Sanidade subvenciona varias asociacións de tratamento do alcolismo con máis de 600.000...

Sanidade subvenciona varias asociacións de tratamento do alcolismo con máis de 600.000 euros

0

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña visitou hoxe a Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Aditivas UTACA “Luís Miguel Morás” na Coruña e a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra


A Consellería de Sanidade ten convenios dende hai anos con distintas asociacións dedicadas ao tratamento do alcolismo. Tan só en 2019, Sanidade destina un total de 607.125 euros para complementar os dispositivos de saúde mental en areas específicas. O obxectivo é dar unha resposta máis completa ás necesidades asistenciais e, máis concretamente, a aquelas relacionadas co alcohol, xogo e outros transtornos adictivos.

Precisamente hoxe, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou dúas destas asociacións, coas que Sanidade leva colaborando dende hai máis dunha década. Trátase da Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Aditivas UTACA “Luís Miguel Morás”, situada na Coruña, e da Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra que está ubicada na cidade de Ferrol.

A Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Aditivas UTACA “Luís Miguel Morás”. UTACA ocúpase dun programa sociosanitario de prevención de recaídas, dirixido a pacientes en tratamento ambulatorio. Centra a súa actividade a nosa actividade no tratamento biopsicosocial do alcoholismo, tabaquismo, ludopatía e todo o espectro de adicións condutuais. UTACA atendeu 795 pacientes durante o pasado 2018. Neste ano, a asociación recibiu 182.569 euros grazas ao seu convenio coa Consellería de Sanidade.

Almuiña tamén se achegou ata ás instalacións da Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra, que ofrece tratamento a enfermos alcohólicos, prevención do alcoholismo e tratamento de adiccións sen substancia. Esta asociación percibiu este ano un total de 98.349 €. No pasado 2018, a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra atendeu 294 pacientes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre