Inicio Galicia Sanidade suaviza as restricións nos concellos de Santiago, Ames, Teo, Ourense, Barbadás,...

Sanidade suaviza as restricións nos concellos de Santiago, Ames, Teo, Ourense, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, A Estrada e Ares

0
image_gallery.jpg

Estes municipios pasarán ao nivel 2 de restricións


O comité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia vén de levantar as restricións especiais nos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Teo, Ourense, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Ares e A Estrada; ademais de acordar a incorporación dos municipios da Guarda e As Pontes á listaxe de concellos con medidas especiais.

Tras avaliar a boa evolución epidemiolóxica rexistrada nas áreas perimetrais conformadas por Santiago-Ames-Teo e Ourense-Barbadás-O Pereiro de Aguiar, o comité clínico decidiu diminuír as medidas restritivas nestes concellos, nos que voltarán a ter vixencia as restricións de tipo xeral. Do mesmo xeito, as localidades da Estrada e Ares tamén verán diminuídas as súas restricións, retornando ao nivel 2 de restricións.

Durante a xuntanza desta tarde, e tras analizar os datos epidemiolóxicos rexistrados nos últimos días nos concellos da Guarda e As Pontes, o grupo de expertos acordou reforzar os seus niveis de restricións, co que pasarán a formar parte da listaxe de 56 concellos galegos con medidas especiais.

Ademais, cómpre salientar que as localidades de Boiro, A Rúa, A Lama, Ordes e Cerceda, malia continuar co mesmo nivel de restricións actual, serán obxecto dunha vixilancia especial por parte do grupo de expertos.

Sanidade lembra da obrigatoriedade de cumprir todas medidas establecidas pola Xunta de Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre