Inicio Galicia Sanidade solicita ao Ministerio dous tipos de aforos diferentes para as praias...

Sanidade solicita ao Ministerio dous tipos de aforos diferentes para as praias galegas, en función da preamar e a baixamar

0

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, pediu ao ministro Salvador Illa que teña en conta as características das praias de Galicia


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, solicitou esta mañá ao Ministerio de Sanidade a posibilidade de que os concellos galegos que así o consideren, poidan establecer dous aforos nas praias, en función da baixamar e a preamar.

Almuiña remitiu unha carta ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, na que refiere as características das praias e os areais galegos, con grandes diferencias entre preamar e baixamar. O actual cálculo considera que para obter o aforo máximo permitido nas praias, tense que considerar unha superficie por bañista de aproximadamente 4 metros cadrados. Para facer este cálculo, hai que descontar da superficie útil da praia, como mínimo, unha franxa de seis metros a contar dende a beira da preamar.

Segundo plantexa o conselleiro de Sanidade, esta restrición impediría o uso de moitos dos arenais galegos. A solución que propón Almuiña para calcular o aforo en baixamar pasa por descontar da superficie útil da praia unha franxa de 4 metros dende a liña de baixamar. En preamar, habería que descontar da superficie útil unha franxa dun metro dende a liña de preamar.

A Consellería de Sanidade confía en que o Ministerio acceda a esta petición.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre