Inicio Galicia Sanidade reafirma o seu compromiso co medio ambiente e pon a disposición...

Sanidade reafirma o seu compromiso co medio ambiente e pon a disposición dos inspectores de saúde pública 125 novos vehículos de motorización híbrida para realizar o seu traballo

0

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asistiu hoxe, na Cidade da Cultura, ao acto de recepción dos 125 novos vehículos que o seu departamento vai poñer a disposición dos inspectores de saúde pública, para realizar as súas funcións. No acto estivo presente, así mesmo, o director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Andrés Paz-Ares. Con esta iniciativa, substitúense os actuais vehículos con motorización diésel por novos vehículos de motorización híbrida, non enchufables, gasolina/eléctrico, para o desempeño das tarefas de inspección durante os vindeiros 5 anos.

Seguindo o compromiso mediambiental da Xunta de Galicia, na contratación deste vehículos tívose en conta, de forma prioritaria, o fomento do uso de enerxías máis limpas e con menos emisións de contaminantes. En consecuencia, e en aras de favorecer a saúde pública, priorizáronse sistemas alternativos de motorización, pero que á vez fosen viables coas necesidades dos servizos de inspección e coas infraestruturas actuais nas zonas e en xeral, na Comunidade Autónoma. O persoal inspector de saúde pública actúa conforme a plans e programas de vixilancia e control orientados a evitar riscos no ámbito da seguridade alimentaria e a sanidade ambiental, o que implica unha gran mobilidade e un gran número de desprazamentos ao longo da nosa comunidade, que xustifican a necesidade de dispoñer dunha flota de vehículos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre