Inicio Galicia Sanidade publica no Diario Oficial de Galicia a adxudicación definitiva das 41...

Sanidade publica no Diario Oficial de Galicia a adxudicación definitiva das 41 novas oficinas de farmacia

0

O departamento sanitario galego destaca a importancia da adxudicación destas 41 oficinas, cun particular énfase no rural


O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se adxudican definitivamente as 41 novas oficinas de farmacia ofertadas no concurso público convocado mediante Resolución do 2 de xullo de 2018.

Cómpre remarcar que, por primeira vez, a adxudicación realizouse nun acto único, celebrado o pasado mes de xaneiro, ao que foron convocados os 604 participantes no concurso público axilizando así o proceso e reducindo o tempo de elección a un único día.

Sanidade destaca a importancia da adxudicación destas 41 oficinas, cun particular énfase no rural. De feito 20 das novas farmacias, case a metade das adxudicadas, poderán abrir en concellos de ámbito rural. As restantes repartíronse con 14 para zonas semiurbanas e 7 para zonas urbanas con crecemento poboacional.

Neste concurso fortaleceuse a carreira profesional exercida no ámbito da farmacia comunitaria. Proba delo é que dos 41 primeiros postos no listado de concursantes, 32 exercen como farmacéuticos adxuntos en oficinas de farmacia. Na baremación deste novo concurso, a experiencia profesional foi o criterio de maior peso a efectos de valoración, pasando dun máximo de 30 puntos, conforme ao baremo anterior, a un máximo de 60.

Tempo inferior ao empregado noutros concursosCon esta adxudicación, culminou un proceso complexo, dende que se convocara o concurso en xullo de 2018, sendo un tempo necesario, xa que, ademais da complexidade da baremación, houbo que respectar a opción dos concursantes para realizar achegas e alegacións. Así mesmo, este foi o primeiro concurso no que era obrigatorio presentar toda a documentación por vía telemática. Malia todo, foi un tempo moi inferior ao empregado nos concursos doutras comunidades autónomas.

Realizouse neste proceso un longo traballo que se iniciou coa aprobación do mapa farmacéutico de Galicia (mediante o Decreto 127/2017, do 23 de decembro). Tamén se promulgou o Decreto 66/2018, do 14 de xuño, que modificaba a normativa anterior do ano 2001 sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia. Esta modificación foi imprescindible para actualizar os procedementos do novo concurso e, moi especialmente, a modificación do baremo de méritos a utilizar na valoración dos participantes.

Tamén se alongou o período necesario para a transmisión destas novas oficinas de farmacia, dos 3 aos 15 anos, tratando de que sexan un proxecto vital dos profesionais farmacéuticos, mantido no tempo, e así garantir á cidadanía unha atención eficaz, eficiente e de calidade.

Así mesmo, é necesario remarcar a participación activa dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia, que ademais formaron parte da Comisión de Baremación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre