Inicio Galicia Sanidade prohibe as reunións de persoas non convivintes no concello de Ourense...

Sanidade prohibe as reunións de persoas non convivintes no concello de Ourense e engade a Cambados e Ortigueira no grupo de concellos con restricións

0
image_gallery.jpg

A decisión tomouse esta mesma mañá na xuntanza do Subcomité clínico de expertos sanitarios


A Consellería de Sanidade vén de acordar a prohibición de reunións de persoas non convivintes no concello de Ourense, e a inclusión de Ortigueira e Cambados no conxunto de concellos con restricións. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa, unha vez finalizado o subcomite clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia.

As medidas serán detalladas na publicación correspondente do Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor a partir das 00:00 horas desta medianoite. Ademais, a evolución epidemiolóxica destes concellos volverá revisarse en sete días.

Os doutores Sergio Vázquez e Tato Vázquez, membros do Comité Clínico, interviñeron por videoconferencia no trascurso da rolda de prensa, facendo un chamamento á responsabilidade individual e colectiva da cidadanía, especialmente no Concello de Ourense.

Deste xeito, os concellos de Ortigueira e Cambados, engádense ao grupo de concellos galegos con restricións constituído por Santiago, Milladoiro (Ames), Vilagarcía, Vilanova, Meis, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Lugo, O Barco, Verín.

Entres estas restricións xerais destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Dun xeito adicional, no concello de Ourense quedan prohibidas as reunións de persoas non convivintes en calquera espazo (interior e exterior), e mantéñense, no barrio ourensán do Couto, as restricións de consumir no interior de bares e cafeterías.

Con estas medidas, a intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre