O grupo de traballo que elaborou esta guÃa, que consta de 27 capÃtulos, tivo un marcado carácter multidisciplinar e nel participaron 41 profesionais
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, vén de presentar esta semana unha GuÃa de Saúde Infantil: actividades preventivas e de promoción da saúde en pediatrÃa de atención primaria, dirixida a pediatras, persoal de enfermerÃa de pediatrÃa, médicos de familia, residentes, matronas, traballadores sociais, odontólogos, etc, que traballan no ámbito da asistencia sanitaria aos nenos, nenas e adolescentes na atención primaria do sistema público de saúde de Galicia.
Segundo remarcou o conselleiro, o Plan de reactivación asistencial en atención primaria en relación coa infección polo Covid establece que dende o luns, 25 de maio, retomáronse progresivamente os controis do Programa de saúde infantil, polo que é o momento da presentación e implantación progresiva das recomendacións recollidas nesta nova GuÃa de saúde infantil.
Tal e como destacou Almuiña no acto de presentación, no grupo de traballo que elaborou esta guÃa participaron 41 profesionais cun marcado carácter multidisciplinar (pediatras de atención primaria, persoal de enfermerÃa de pediatrÃa, psiquiatras, psicólogos, e un neonatólogo, ademais de profesionais das direccións xerais de Saúde Pública da ConsellerÃa de Sanidade e de Asistencia Sanitaria do Sergas).
Segundo o conselleiro, a guÃa, que consta de 27 capÃtulos, concÃbese como un documento de apoio á realización dos controis de saúde que se levan a cabo no ámbito de pediatrÃa de atención primaria, recollendo información actualizada sobre as recomendacións de prevención e promoción da saúde, asà como das relacionadas co manexo de determinadas patoloxÃas ou factores de risco neste nivel asistencial.
NovidadesEsta guÃa agora presentada vén suceder ao anterior documento publicado polo Sergas no ano 2004 de apoio ao Programa do neno san. Respecto do documento do 2004, a nova guÃa aporta diversas novidades entre as que caben remarcar varios temas como poden ser a avaliación do recentemente nado co obxecto de detectar precozmente se hai algún problema, ou fomentar a lactación materna; o seguimento do neno e nena prematuros; a alimentación a partir dos 2 anos que é a data na que faise progresivamente máis parecida á do adulto, sendo os obxectivos deste apartado as caracterÃsticas da alimentación, tanto das etapas preescolar e escolar como da adolescencia.
Outras das novidades son a prevención e abordaxe dos trastornos da conduta alimentaria, posto que os pediatras de primaria teñen un papel crucial na prevención, detección e diagnóstico precoz dos mesmos; ou a prevención dos trastornos do sono, apartado que inclúe información sobre os mesmos e a súa valoración na consulta de atención primaria.
Outros temas da guÃa de 2004 pasan agora neste novo documento a constituÃr un capÃtulo completo, como é o caso da prevención cardiovascular, a prevención e o manexo da obesidade, a prevención e manexo dos trastornos do comportamento e a detección precoz do trastorno do espectro autista.
Entre os novos contidos en capÃtulos xa existentes respecto do documento de 2004 están a detección precoz do consumo de cannabis, do trastorno por xogo en Internet, de problemas relacionados co uso das TICs, a prevención do comportamento sedentario, a prevención de patoloxÃa fÃsico-deportiva, o acoso escolar, ou información sobre o trastorno do espectro alcohólico fetal.