Levántanse asà as últimas restriccións e se equipara a situación dos catorce concellos mariñanos á do resto de Galicia
A ConsellerÃa de Sanidade per-mitirá a apertura dos locais de ocio nocturno nos concellos da Mariña con restriccións de aforo. Asà se lles comunicou aos alcaldes, logo da eunión co Comité clÃnico de ex-pertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica do distrito sanitarioDeste xeito, os locais de ocio nocturno poderán volver abrir de xeito progresivo, aÃnda que terán que manter os aforos limitados ao 50% en interiores e ao 75% en terrazas, cando menos ata a semana que vén, cando se volva revisar a situación epidemiolóxica nos catorce municipios. As modificacións entrarán en vigor esta medianoite.
Segundo os últimos datos, o número de casos asociados ao brote inicial non creceron en máis dunha semana, e os casos que aÃnda están activos están en cuarentena, illados e controlados. Deste xeito, os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela Cervo, Foz, Louren-zá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove terán dende agora que cumprir a mesma normativa que no resto de Galicia.
Efectividade das medidas de reforzoDende a ConsellerÃa de Sanidade quérese destacar a efectividade que tiveron as medi-das de reforzo adoptadas dende o pasado 5 de xullo no distrito sanitario da Mariña e que foron reducÃndose paulatinamente, logo de ver as melloras na situación epidemio-lóxica da zona.
Sanidade recoñece o traballo do conxunto de concellos e institucións da Mariña polo seu labor nas tarefas xestión, coordinación e limpeza de cada un dos catorce munici-pios. Asà mesmo tamén agradece a colaboración e o nivel de responsabilidade amosado por parte de toda a súa poboación.
Cómpre aÃnda asÃ, insistir de novo na obrigatoriedade do emprego da máscara en todo momento, tanto en espazos abertos como en espazos pechados, poñendo especial én-fase no seu uso nos locais de hosteleria, onde é obrigatoria en todo momento, agás no intre especÃfico consumir. Lémbrase tamén que as persoas que visiten Galicia e proce-dan ou estivesen, durante os 14 dÃas previos a súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.