Inicio Galicia Sanidade limita a cinco persoas as reunións privadas en Ourense e aplica...

Sanidade limita a cinco persoas as reunións privadas en Ourense e aplica restricións no Barco de Valdeorras, Sanxenxo e Meis

0
image_gallery.jpg

Mantéñense as limitacións especiais nalgúns barrios ourensáns e refórzase a vixilancia na cidade con patrullas da Policía Autonómica


A Consellería de Sanidade vén de acordar limitar as xuntanzas privadas a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. Esta decisión do Comité clínico ven motivada tras analizar a situación epidemiolóxica ourensá e constatar que as xuntanzas familiares e sociais están sendo a orixe da meirande parte dos contaxios na cidade. Así mesmo, continúan as restricións especiais impostas nalgunhas zonas da cidade.

Ademais, para garantir o cumprimento da normativa anticovid en Ourense, vaise reforzar a vixilancia mediante patrullas da Policía Autonómica.

O Comité clínico decidiu tamén a inclusión do Barco de Valdeorras, Sanxenxo e Meis no conxunto de concellos con restricións. As medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor as 00,00 horas desta medianoite, volvendo a revisarse en sete días.

Deste xeito, O Barco de Valdeorras, Sanxenxo e Meis pasa a formar parte do grupo de concellos con restricións constituído por Santiago, Lugo, Poio, Pontevedra, Marín, Ourense, Verín, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, así como no Milladoiro (Ames).

Entres estas restricións destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

A Coruña, Lalín, Silleda e Vilaboa levantan restriciónsFinalmente, e ante a evolución estable dos datos, o Comité de expertos sanitarios acordou levantar as limitacións nos concellos da Coruña, Lalín, Silleda e Vilaboa, que desde esta mesma medianoite volven adoptar as mesmas medidas que no resto de Galicia.

A intención de Sanidade é poder actuar de xeito máis selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre