Inicio Galicia Sanidade lembra que a venda de produtos e servizos para o diagnóstico...

Sanidade lembra que a venda de produtos e servizos para o diagnóstico da covid-19 ten que cumprir a lexislación vixente

0
image_gallery.jpg

O departamento sanitario galego advirte que os test de diagnóstico dispoñibles legalmente no mercado son para uso exclusivo de profesionais sanitarios e, en ningún caso, son para autodiagnóstico


A Consellería de Sanidade lembra que a Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios xa advertira, o pasado mes de maio, sobre o risco de ofrecer no mercado español produtos e servizos para o diagnóstico da covid-19 que non cumpran coa lexislación, ao estar indicados unicamente para seren empregados por profesionais sanitarios co obxecto de garantir que a toma de mostra é a idónea, os produtos son os adecuados, e a realización da proba non conleva riscos para o profesional, pacientes ou terceiros, e se produza unha correcta interpretación do resultado analítico.

Para seren comercializados, os test de autodiagnóstico necesitan da intervención dun organismo notificado que certifique que os produtos son correctos para uso da cidadanía.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre