Inicio Galicia Sanidade inicia os trámites para que o persoal de enfermería poida autorizar...

Sanidade inicia os trámites para que o persoal de enfermería poida autorizar a dispensación de medicamentos

0
image_gallery.jpg

Supón un recoñecemento profesional á práctica e ao labor asistencial diario deste colectivo que, cando se aprobe a normativa, poderá indicar, usar e autorizar a dispensación de medicamentos suxeitos a prescrición médica


A Consellería de Sanidade iniciou os trámites para que o persoal de enfermería poida indicar, usar e autorizar a dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano. Deste xeito quérese recoñecer o traballo e o labor asistencial deste colectivo, aumentando a súa capacidade resolutiva, responsabilidade e autonomía.

Esta atribución do persoal de enfermería permitirá dar resposta a diferentes necesidades dos pacientes, especialmente nas relacionadas coa atención á cronicidade, prevención da enfermidade ou derivadas do ingreso hospitalario. Ademais, busca axudar a formar a pacientes e persoas coidadoras no manexo do tratamento farmacolóxico e nos coidados necesarios, así como potenciar a adherencia aos tratamentos e detectar e informar sobre efectos adversos relacionados cos tratamentos farmacolóxicos.

A nova normativa suporá un importante impacto en todos os ámbitos sanitarios da nosa Comunidade, xa que vai a aumentar a capacidade resolutiva, responsabilidade e autonomía do persoal de enfermería para resolver problemas nun único acto. O borrador do decreto que regulará esta actividade xa está colgado no Portal de Transparencia da Xunta, para que a cidadanía poida realizar as súas achegas e suxestións. Poderán facelo dende hoxe ata o vindeiro día 12 de novembro. Segundo a lexislación vixente, é competencia das comunidades autónomas regular o procedemento para acreditar ao persoal de enfermería nesta nova competencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre