Inicio Galicia Sanidade informa de que permanecen ingresadas seis persoas tras o accidente no...

Sanidade informa de que permanecen ingresadas seis persoas tras o accidente no Marisquiño en Vigo

0

En total, foron atendidas 442 persoas

A Consellería de Sanidade informa de que permanecen ingresadas seis persoas a consecuencia do accidente ocorrido no festival do Marisquiño, despois de que no día de hoxe foran dadas de alta dous pacientes no Hospital de Povisa. Continúan ingresadas catro personas no Hospital Álvaro Cunqueiro (un deles na UCI), unha no Hospital Povisa e outra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Ata as 18,00 horas de hoxe, foron atendidas un total de 442 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente, foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais. Por centros, 199 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 57 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 109 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 4 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.

Para coñecer se os cidadáns foron atendidos nos centros sanitarios como consecuencia do accidente, prégase chamar ao 061.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre