Inicio Galicia Sanidade informa da alta do último paciente ingresado a causa do accidente...

Sanidade informa da alta do último paciente ingresado a causa do accidente no Marisquiño en Vigo

0

Sanidade agradece o traballo dos profesionais dos hospitais, do 061 e dos PACs

A Consellería de Sanidade informa que xa non queda ningún paciente ingresado a consecuencia do accidente ocorrido no festival do Marisquiño. A última paciente do accidente que permanecía ingresada no CHUS foi dada de alta hoxe.

Dende o accidente estiveron ingresados ata 8 persoas. O número de atendidos nos distintos dispositivos asistenciais foi dun total de 467 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente. Por centros, 213 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 68 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 109 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 4 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais para atender a todos os accidentados.

Os recursos mobilizados para atender aos feridos na xornada do accidente foron 5 UVIs, 12 ambulancias de soporte vital básico, 24 ambulancias de apoio, 3 ambulancias de Cruz Vermella, 2 equipos sanitarios do PAC, 3 vehículos de apoio loxístico e 1 vehículo de Protección Civil. Sinalar, ademais, que no lugar do accidente, o 061 instalou un posto de mando médico, un punto de triaxe inicial e un posto de carga de ambulancias. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre