Inicio Galicia Sanidade incrementa nun 10% o orzamento destinado a asociacións que desenvolven programas...

Sanidade incrementa nun 10% o orzamento destinado a asociacións que desenvolven programas de atención ás persoas con trastornos adictivos e mentais

0

Con este aumento, a cantidade destinada polo departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña ao financiamento das actividades destas entidades, superará os 8 millóns de euros


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu ao longo destes días, no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde, aos representantes de asociacións que traballan en colaboración coa Administración sanitaria galega na asistencia e no desenvolvemento de diferentes programas de apoio á incorporación social de persoas con trastornos adictivos e mentais.

O titular da carteira sanitaria comunicoulles que o Servizo Galego de Saúde ten previsto incrementar, nun 10%, nos orzamentos do vindeiro ano, a cantidade destinada á realización das actividades destas entidades, ata situarse nunha cifra total que superará os 8 millóns de euros.

Con este orzamento, as entidades continuarán a levar a cabo os programas previstos polo Servizo Galego de Saúde, realizando a atención integral a este tipo de pacientes, así como ás súas familias, seguindo os criterios, guías e procedementos establecidos polo departamento sanitario galego.

No desenvolvemento destes programas, as asociacións atenden toda a demanda xerada, respectando os principios de universalidade, anonimato, voluntariedade e gratuidade na súa respectiva área de influencia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre