Inicio Galicia Sanidade implantará a tramitación electrónica para inscribirse no Rexistro Galego Sanitario de...

Sanidade implantará a tramitación electrónica para inscribirse no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios

0

Os cambios inclúen novas actividades que non estaban especificadas e a obrigatoriedade de que todas as comunicacións sexan por vía electrónica

A Consellería de Sanidade ven de publicar no Portal de Transparencia o proxecto de decreto de modificación do Decreto 204/2012 de Rexistro Galego Sanitario de Empresa e Establecementos Alimentarios (Regasa). Os cambios inclúen novas actividades que non estaban especificadas no anterior texto normativo (por exemplo os depósitos de alimentos, puntos de venda de produtos alimenticios, de complementos alimenticios ou xeaderías, entre outros) e unha mellor descrición das que xa estaban reguladas. Tamén introduce a obrigatoriedade de presentar as comunicacións por vía electrónica.

Tanto a comunicación previa de inicio de actividade como a comunicación de modificación de calquera dos datos de información obrigatoria ou cese de actividade deberán realizarse a través de medios electrónicos e a través do portal https://sede.xunta.gal e incluíse así mesmo que todas as comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, coa finalidade de adaptarse ao establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Leer más:  Comunidad invirtió 1.600 millones en más de 142 millones de envases de medicamentos dispensados en las farmacias en 2023

Así mesmo, e debido ao dinamismo das actividades comerciais, o texto do proxecto de decreto de modificación do Regasa pretende actualizar a definición e clasificación das devanditas actividades, incluídas no Anexo III (ben modificando a descrición dalgún código, ben incorporando novos códigos e descricións). Concretamente introduce catro novos códigos para distintos tipos de actividades (o de depósitos de alimentos; punto de venda de produtos alimenticios tales como bazares ou droguerías; punto de venda de complementos alimenticios, como poden ser ximnasios, centros de beleza ou tendas de deportes; e xeaderías). Tamén cambia o nome dos establecementos de restauración comercial sen comedor independente e os de restauración comercial con comedor independente, que pasan a denominarse restauración comercial I y restauración comercial II, respectivamente.

O Decreto 204/2012, así como as modificacións efectuadas no texto normativo do mesmo teñen como finalidade última a protección da saúde pública e os intereses das persoas consumidoras finais mediante o exercicio pola administración sanitaria das súas funcións de control e inspección, tanto sobre as empresas e establecementos sometidos á obriga de inscrición no Regasa como sobre o exercicio das súas funcións, entre as que se atopan as fases específicas da cadea alimentaria (manipulación de alimentos, fabricación ou elaboración), así como do seu almacenaxe, distribución ou venda.

Leer más:  Alerta amarilla en toda la costa gallega este viernes por oleaje

Decreto 204/2012 do 4 de outubroO Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos, creado polo Decreto 204/2012, do 4 de outubro, ten como finalidade rexistrar as empresas e establecementos alimentarios de comercio polo miúdo existentes en Galicia, de xeito que a autoridade sanitaria poida exercer as súas competencias de control e que, ante unha situación de perigo, se poida localizar inmediatamente o foco de orixe. O Regasa, é complementario do Rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos existente na Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, que ao igual que o galego, ten como finalidade a protección da saúde pública e os intereses dos consumidores.

No Regasa deberán inscribirse as empresas con sede, domicilio ou que exerzan algunha actividade na comunidade autónoma galega, e que dita actividade consista exclusivamente en manipular, transformar, envasar, almacenar ou servir alimentos para a súa entrega “in situ” ao consumidor final ou a colectividades, así como cando fornezan a outros establecementos destas mesmas características.

O rexistro ten un carácter público e informativo respecto ao nome comercial, número de rexistro, dirección postal e actividade de empresa ou establecemento rexistrado.

Leer más:  Los hospitales públicos catalanes gestionarán las bajas por cirugía mayor ambulatoria y partos

Os interesados en formular alegacións ao novo texto normativo teñen de prazo ata o vindeiro 22 de outubro.


- Te recomendamos -