Inicio Galicia Sanidade fai un chamamento á poboación para sensibilizala da importancia de facer...

Sanidade fai un chamamento á poboación para sensibilizala da importancia de facer a proba do VIH

0

Conmemórase o Día Mundial da Sida cun acto presidido polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña


Baixo o lema “Coñece o teu estado, fai a proba do VIH”, a Consellería de Sanidade fixo hoxe un chamamento á poboación para sensibilizala da importancia de facer a proba do VIH, coa fin de mellorar o futuro das persoas que descoñecen a súa infección. Así o recolle o manifesto do Día Mundial da Sida, que se conmemora o 1 de decembro, e que hoxe foi leido por Djibril Faye, da ONG Ecos do Sur, nun acto institucional que presidiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e no que tamén participou o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares.

Na súa intervención, o conselleiro destacou que en Galicia puxéronse en marcha plans específicos que se foron adaptando ao longo dos anos, e remarcou que no 2015 o seu departamento realizou a última actualización aprobando o novo Plan Galego anti VIH e outras Infeccións de Transmisión Sexual. Neste documento, recóllense as políticas e actividades de vixilancia “que permitiron dar un paso máis no control das infeccións que teñen a vía sexual como o seu principal mecanismo de transmisión”.

Segundo Almuiña, as melloras introducidas no sistema de notificación e rexistro de casos de VIH e sida, publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado mes de outubro, “vainos proporcionar datos de maior calidade para facer a vixilancia epidemiolóxica da infección polo VIH”. Esta mellor calidade dos datos resulta fundamental de cara a habilitar programas e actividades efectivas “que nos permitan conseguir os obxectivos que ONUSIDA marca nas súas directrices para 2020”.

Leer más:  Ingresado en planta con evolución favorable el hombre apuñalado en el Orzán, en A Coruña

O conselleiro amosouse orgulloso da mellora na esperanza e calidade de vida das persoas portadoras desta infección e comprometeuse a mantela pero, ademais, de xeito paralelo, “debe acompañarse dun esforzo extra na loita contra o estigma e a discriminación das persoas afectadas. A garantía dos dereitos e a integración social das persoas afectadas deben seguir sendo obxectivos prioritarios na loita contra estas infeccións”,-remarcou-.

Informe epidemiolóxicoNo acto de hoxe, Xurxo Hervada, subdirector xeral de Saúde Pública, presentou o Informe epidemiolóxico da infección polo VIH-Sida e outras ITS 2018. Na súa exposición, destacou que a incidencia de infección polo VIH en Galicia, estabilizada na década pasada, manifesta unha clara tendencia á diminución nos últimos anos, e sempre por baixo dos valores medios no Estado.

A calidade e a esperanza de vida incrementáronse notablemente nos últimos anos, pasando de ser un problema de alta mortalidade a un problema crónico. Actualmente, -dixo Hervada-, o virus transmítese maioritariamente por vía sexual, sendo a transmisión da infección por prácticas sexuais non seguras entre homes que teñen sexo con outros homes a categoría máis significativa, aínda que dende 2013 tamén está a baixar o número destes infectados. Respecto dos custos da enfermidade, Hervada remarcou que os referidos á parte asistencial das persoas afectadas seguirán a ser moi importantes, posto que o tratamento actual, aínda que mellora moito a calidade de vida, segue a ser de tipo crónico. Así, no pasado ano, o Sergas gastou 33,2 millóns de euros só en fármacos antirretrovirais.

Leer más:  El incendio forestal de Cabanas (A Coruña) que afectó a 2,4 hectáreas ha sido extinguido

Na súa presentación, Hervada incidiu no papel clave das estratexias de prevención, principal ferramenta de loita contra a pandemia de VIH-Sida. Entre esas estratexias citou o fomento do diagnóstico precoz mediante o proxecto de probas rápidas (5.719 persoas xa fixeron a proba) a concienciación aos profesionais, e o mantemento do acceso fácil ás probas. Outras accións de prevención destacadas por Hervada son a colaboración coas ONG por medio de subvencións e facilitación de materiais; a continuación de programas preventivos como os kits hixiénicos ou a distribución e recollida do material de inxección; e o traballo en redes sociais, dirixido á poboación de 15 a 18 anos para aumentar o coñecemento de medidas preventivas. Con posterioridade, o xefe de servizo de Enfermidades Transmisibles, José Antonio Taboada, presentou os aspectos básicos do novo sistema de vixilancia da infección polo VIH, que unifica os dous rexistros existentes ata o momento.

Premios investigación científicaNo acto de hoxe, entregáronse os premios de investigación científica sobre VIH e outras infeccións de transmisión sexual 2018. Ao respecto, o conselleiro agradeceu o traballo desenvolvido no ámbito de investigación polos profesionais galegos, resaltando o importante aumento de publicacións científicas no 2017. O primeiro premio foi para Gustavo Mauricio Iribarren Díaz, do Servizo de Ciruxía Xeral e Dixestiva do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, co artigo titulado: “Resultados preliminares dun programa de cribado de cancro anal e os seus precursores en homes VIH que teñen sexo con homes en Vigo-España”. O segundo premio foi para Antonio Aguilera Guirao, do Servizo de Microbioloxía do C.

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

H. Universitario de Santiago, polo artigo “Prevalence and distributión of hepatite C virus genotypes in spain during the 2000-2015 period”.


- Te recomendamos -