Inicio Galicia Sanidade e Educación conmemoran o Día Europeo da Parada Cardíaca co adestramento...

Sanidade e Educación conmemoran o Día Europeo da Parada Cardíaca co adestramento en técnicas de soporte vital básico a preto de 300 nenas e nenos en Burela

0

O acto reuniu a 150 nenos de Primaria, 150 alumnos de Secundaria, máis de 25 profesores e arredor de 20 instrutores en soporte vital básico

A Consellería de Sanidade, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061; e a de Educación, Universidade e Formación Profesional, reafirmaron, un ano máis, a importancia da formación temperá en soporte vital básico (SVB) coa celebración dun adestramento masivo para conmemorar o Día europeo da concienciación do paro cardíaco no concello de Burela.

O acto, ao que asistiron o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, e o director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Antonio Iglesias Vázquez, reuniu na Praza do Concello de Burela a preto de 150 nenos e nenas de Educación Primaria, 150 alumnos de Educación Secundaria, máis de 25 profesores de Educación Primaria e Secundaria e arredor de 20 instrutores en soporte vital básico do 061 de Galicia.

O acto de conmemoración do Día europeo de concienciación sobre o paro cardíaco contou, ademais, coa participación de dúas persoas que sufriron unha parada cardiorrespiratoria e que foron asistidas polo persoal sanitario da ambulancia de soporte vital avanzado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 con base en Foz. A asistencia sanitaria extrahospitalaria precoz e eficaz permitiulles ter unha boa calidade de vida a día de hoxe. Coa realización deste adestramento masivo trátase de concienciar á poboación galega da importancia da formación en técnicas de soporte vital básico e reanimación cardiopulmonar, especialmente aos máis novos. As manobras de soporte vital básico constitúen unha parte fundamental da cadea de supervivencia, da que ademais forman parte a activación inmediata do sistema de emerxencias a través do servizo de urxencias sanitarias 061, a masaxe cardíaca de calidade e a desfibrilación semiautomática precoz.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

Formación dos escolares co programa RCP na AulaActualmente, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desenvolve, a través dun convenio de colaboración entre as Consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e Sanidade, o programa RCP na Aula que facilita a formación en técnicas de soporte vital básico aos escolares galegos.

Este programa trata de formar ao maior número de persoas na realización efectiva de manobras de reanimación cardiopulmonar básica que permitan asistir a todo aquel que sufra unha parada cardiorrespiratoria. Así, os instrutores en soporte vital básico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encárganse de formar aos profesores dos centros educativos que o soliciten, e despois son os mesmos profesores os que forman aos alumnos como parte da programación educativa.

Este programa comezou inicialmente na provincia de Lugo e estendeuse, desde o mes de outubro do ano pasado, a toda a Comunidade Autónoma. Entre os meses de xaneiro e decembro do ano pasado o programa RCP na Aula formou a 3.880 escolares en técnicas de soporte vital básico e reanimación cardiopulmonar. En Galicia, as enfermidades cardiovasculares constitúen un dos problemas de saúde máis importantes e a maioría das mortes evitables ocorren no medio extrahospitalario. A causa máis frecuente de parada cardiorrespiratoria nas persoas adultas é a síndrome coronaria aguda e as únicas medidas que aumentan a supervivencia con boa función cerebral son a reanimación cardiopulmonar de calidade e a desfibrilación precoz. Cómpre recordar que o adestramento da poboación xeral en soporte vital básico se atopa entre as dez accións estratéxicas incluídas no documento da Academia de Resucitación Cardiopulmonar do ano 2013 e entre as principais recomendacións da Academia Americana do Corazón e do Consello Europeo de Resucitación.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

- Te recomendamos -