Inicio Galicia Sanidade detecta un foco de 9 casos positivos en coronavirus na comarca...

Sanidade detecta un foco de 9 casos positivos en coronavirus na comarca do Barbanza

0

A Plataforma de vixilancia e control epidemiolóxico activou o protocolo de seguimento efectuando probas a todos os contactos estreitos do primeiro positivo


A Consellería de Sanidade informou esta tarde que a Plataforma de vixilancia e control epidemiolóxica detectou a aparición de 9 caso positivos en coronavirus na comarca do Barbanza, con posible orixe nun caso importado de Brasil que chegou a Galicia a principios de xuño.

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández Campa, e o director xeral de Saúde Publica, Andrés Paz-Ares, compareceron na sede do departamento galego de Sanidade para informar da detección de 9 casos positivos de coronavirus nas localidades de Ribeira e a Pobra do Caramiñal.

Fernández Campa iniciou a súa intervención sinalando que a posible orixe destes contaxios pode ser un caso importado desde o Brasil que actuou como vector de contaxio sobre un familiar que deu o primeiro positivo. Durante a súa intervención, o xerente do Sergas subliñou que desde o momento no que Sergas detectou o primeiro positivo do foco identificado, o pasado venres, a Plataforma de control e vixilancia epidemiolóxica activou o seu protocolo de seguimento, realizándolle probas PCR a todos os contactos estreitos deste positivo. Así, detectou un total de 9 casos positivos -8 en Ribeira e 1 na Pobra do Caramiñal-, ademais de confirmar 15 casos negativos mediante probas serolóxicas.

Fernández Campa explicou que os 9 casos positivos presentaron sintomatoloxía leve e que non precisaron hospitalización, mais teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Do mesmo xeito, as 15 persoas cuxas probas deron resultado negativo, permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de vixilancia epidemiolóxica.

Así mesmo, apuntou que as nove persoas cuxas PCR obtiveron resultado positivo, pertencen ao círculo familiar e de amizade da familia en que se rexistrou o primeiro casos.

O xerente do Sergas, destacou o correcto funcionamento da Plataforma de rastrexo, e lembrou á poboación galega a necesidade de continuar aplicando as medidas hixiénico-sanitarias establecidas desde o inicio da pandemia do coronavirus, pondo especial énfase na necesidade de empregar sempre as máscaras, naqueles espazos onde non é posible gardar a distancia de seguridade social.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre