Inicio Galicia Sanidade decide retirar a proposta para a creación da categoría de pediatra...

Sanidade decide retirar a proposta para a creación da categoría de pediatra de área

0

O Sergas reuniu hoxe aos profesionais que participan no grupo de traballo de pediatría

A Consellería de Sanidade decidiu hoxe retirar a proposta para a creación da nova categoría de pediatra de área incluida na disposición adicional da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos Orzamentos da Xunta de 2019. Sanidade adoptou esta decisión logo da reunión que hoxe mantiveron os representantes do Servizo Galego de Saúde cos profesionais que participan no grupo de traballo de pediatría que se constituíu en 2017 para avaliar a atención pediátrica en Galicia.

O departamento autonómico aposta por seguir avanzando conxuntamente en medidas de consenso para solucionar o déficit de pediatras que afecta ao conxunto dos sistemas de saúde. Neste sentido, continuará contando coas aportacións dos profesionais, co obxectivo de garantir e mellorar a calidade do servizo en tódalas áreas sanitariasA Consellería de Sanidade manterá abertas tódalas vías de diálogo cos profesionais e as sociedades científicas para adoptar medidas consensuadas dirixidas a solucionar a falta de pediatras. Tanto o Sergas como as sociedades científicas coinciden en que a mellora da calidade asistencial na atención pediátrica é unha prioridade compartida. 

Leer más:  Prisión provisional, comunicada y sin fianza para los cuatro detenidos por el apuñalamiento en el Orzán (A Coruña)

- Te recomendamos -