Inicio Galicia Sanidade convida á cidadanía a doar na recta final da campaña de...

Sanidade convida á cidadanía a doar na recta final da campaña de doazón de sangue nos meses de verán

0

ADOS remata este mes a campaña “Verán 2018” e principiarán, a finais de setembro, as visitas a centros educativos universitarios e non universitarios


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, doaron sangue hoxe nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro, acompañados pola directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García.

A Consellería de Sanidade anima á cidadanía a continuar amosando o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns neste mes de setembro co gallo do peche da campaña “Verán 2018”, iniciativa que contou xa coa participación dunhas 20.000 persoas. Nestes momentos, as reservas de todos os grupos sanguíneos están en niveis normais, agás o A Negativo, que se atopa máis baixo, aínda que o chamamento é xeneralizado á participación de toda a cidadanía.

Revitalizar a participaciónResulta necesario revitalizar o chamamento á participación activa da poboación nas campañas de doazón, xa que este xesto solidario está a experimentar un estancamento nos últimos anos. Así, ADOS apela ao carácter xeneroso e solidario amosado polos galegos e galegas e os convida a participar, de xeito activo, nas numerosas campañas de doazón de sangue que, diariamente, promoven as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e SangueAínda que a campaña de doazón “Verán 2018” non conclúe ata finais do presente mes, ADOS atópase en pleno proceso de preparación das visitas a centros educativos de ensino universitario e non universitario. Cómpre destacar a importancia das campañas de doazón no eido educativo, xa que supoñen para moitos mozos e mozas o seu primeiro contacto co solidario xesto da doazón.

Leer más:  Xunta y Gobierno comenzarán negociaciones para resolver discrepancias sobre la ley de calidad alimentaria

Neste punto, salientar que o vindeiro 4 de outubro, ADOS sumarase ao “Reto 5000” da Red Española de Universidades Saludables (REUS), cunha iniciativa que quere promover a doazón de sangue en centros de ensino universitario de toda España. Esta iniciativa, que contará coa participación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, tentará acadar a cifra de 5.000 doazóns no transcurso da xornada do xoves 4 de outubro, ao tempo que coincide coa II Edición do Reto da Froita, xa que todos os membros do colectivo universitario que doen sangue nesta xornada recibirán unha peza de froita, como xeito de fomentar hábitos de vida saudables.

Campañas informativasA Consellería de Sanidade subliña que a Axencia de Doazón de Sangue e Órganos desenvolve campañas de sensibilización e información destinadas a promover os distintos xeitos de doazón, polo que convida aos cidadáns e ás empresas, institucións e colectivos procedentes de todos os ámbitos da sociedade galega a desenvolver iniciativas destinadas ao fomento dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

Para iso, pon a disposición da cidadanía a súa web, ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, [email protected]; o teléfono de información gratuíto; 900 100 828; e as súas páxinas nas redes sociais como xeito de comunicarse con ADOS ou resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.


- Te recomendamos -