Inicio Galicia Sanidade colaborará coa Axencia Española do Medicamento para optimizar o uso de...

Sanidade colaborará coa Axencia Española do Medicamento para optimizar o uso de antibióticos na loita contra as resistencias antimicrobianas

0

Galicia é a primeira comunidade autónoma en asinar un convenio coa Axencia Española de Medicamentos, para implantar solucións eficaces cara a combater unha das maiores amenazas para a saúde


A Consellería de Sanidade e a Axencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios veñen de asinar un convenio de colaboración para a implementación dos programas de optimización de uso de antibióticos no ámbito hospitalario, de atención primaria e sociosanitario. Galicia é a primeira comunidade autónoma en asinar este convenio coa Axencia de Medicamentos, para implantar solucións eficaces co obxecto de combater unha das maiores amenazas para a saúde.

Sinalar que estes programas son altamente eficaces para a mellora de pacientes con infeccións graves no hospital e co obxecto de optimizar o manexo terapéutico antimicrobiano de infeccións frecuentes do doente ambulatorio.

A resistencia aos antibióticos é un fenómeno natural pero o uso indebido destes fármacos está acelerando este proceso. Pode afectar a calquera persoa, de calquera idade, ou país no que viva. Prolonga as estadías hospitalarias e aumenta a mortalidade. A aparición e diseminación de bacterias multi-resistentes e a escaseza de tratamentos alternativos son dous dos maiores problemas de saúde pública e sanidade animal que é necesario afrontar na actualidade.

Cómpre remarcar que o Servizo Galego de Saúde ten, no marco da súa estratexia 2020, como un dos seus principais obxectivos, as accións para a prevención e control das infeccións relacionadas coa asistencia sanitaria. Por tanto, é unha prioridade para o departamento sanitario galego a implementación destes programas de optimización.

De feito, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña está a traballar en diferentes aspectos de infeccións relacionadas coa asistencia sanitaria (IRAS), como a utilización da intelixencia artificial na vixilancia da infección nosocomial ou a creación dunha comisión central para a abordaxe das IRAS.

Coordinador científico-técnicoTal e como se recolle no convenio asinado, a Consellería de Sanidade nomeará a un coordinador científico-técnico para contribuír á implementación efectiva das medidas do Plan estratéxico. Este profesional será un facultativo con actividade asistencial e experiencia contrastada neste campo, que asesorará no diseño e implementación de actividades e intervencións para hospitais, centros de primaria e centros sociosanitarios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre