Inicio Galicia Sanidade basease na prevención, a anticipación e os criteiros técnicos para adoptar...

Sanidade basease na prevención, a anticipación e os criteiros técnicos para adoptar medidas restritivas fronte á covid

0
image_gallery.jpg

Así o afirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa celebrada esta mañá para explicar as medidas adoptadas na provincia de Ourense polo Comité clínico de expertos sanitarios


As medidas restritivas pola covid-19 impostas pola Consellería de Sanidade fundaméntanse na prevención e na anticipación, ademais de en criterios técnicos. Así o afirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que esta mañá ofreceu unha rolda de prensa para explicar as conclusións da xuntanza do Comite clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia.

Segundo explicou Comesaña, aínda que a situación en Galicia a día de hoxe é estable e con tendencia á baixa, hai determinadas zonas con taxas de incidencia situadas en parámentros preocupantes. Referiuse así concretamente aos concellos de Ourense e Barbadás, nos que queda é restrinxida a mobilidade polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, escolares ou sanitarios.

Esta medida, segundo lembrou o conselleiro xa se levou a cabo por primeira vez na Mariña luguesa no pasado mes de xullo con resultados óptimos para conter a tendencia ascendente dos contaxios. Así mesmo fixo un chamamento á colaboración cidadá para que estas medias se prolonguen o menor tempo posible.

Os doutores Sergio Vázquez e Tato Vázquez, membros do Comité Clínico, que participaron na rolda de prensa por videoconferencia, destacaron a importancia de que se respecte estas restricións de mobilidade, recalcando que non é un confinamento, para non ter que chegar a adoptar medidas máis drásticas. Remarcaron ademais que o comité clínico fai recomendacións baseadas en criterios científicos, con medidas que non tratan de castigar a ninguén senón evitar o contaxio da covid-19.

Pola súa banda, o xerente do Sergas, José Álvarez Flores, afirmou que a día de hoxe a capacidade asistencial tanto de camas como de uci está garantida.

Ademais desta restrición de mobilidade decidiuse prohibir as xuntanzas de persoas non convivintes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño, ademais de manter a mesma restrición en Ourense, onde xa estaban en vigor dende o pasado venres. Segundo o estudio do perfil dos casos de covid 19 en Ourense, pódese observar que os contaxios céntranse fundamentalmente no ámbito das xuntanzas familiares de no convivintes.

Así mesmo nos concellos de Ourense e Barbadás, aplicaranse as medidas de nivel 3, polo que estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

Ademais entran en nivel 2 os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e O Barco. Entre estas restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

As medidas serán detalladas na publicación correspondente do Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor a partir das 00:00 horas desta medianoite.

Todas estas medidas entrará en vigor dende as 00:00 horas do xoves.

Con estas medidas, a intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre