Inicio Galicia Sanidade aproba restricións para Vilagarcía e O Milladoiro (Ames), e amplía as...

Sanidade aproba restricións para Vilagarcía e O Milladoiro (Ames), e amplía as medidas de Ourense a máis rúas

0

A decisión tomouse esta mesma mañá na xuntanza do Comité clínico de expertos sanitarios

A Consellería de Sanidade vén de acordar a inclusión de Vilagarcía de Arousa e O Milladoiro (Ames), no conxunto de localidades con medidas de restrición. Así mesmo, acordou aumentar o número de rúas con restricións específicas na cidade de Ourense.

Desde esta medianoite, a cidade de Ourense verá ampliada a súa área con especiais restricións, e desde as 00:00h tamén contara con medidas especiais o ámbito territorial delimitado polas rúas do Progreso (desde a Ponte Romana ata o cruzamento coa rúa Praza de Abastos), a rúa Irmáns Xesta, a avenida de Portugal (ata cruzamento coa rúa Irmáns Xesta), o camiño Lobisome, rúa do Salto do Can, rúa Carballo, rúa Sobreira, nacional 525 (dende o cruce coa rúa Sobreira ata o cruzamento coa avenida Ribeira Sacra), avenida Ribeira Sacra ata a Ponte Romana, incluídas estas rúas nos tramos sinalados.

Todas elas, engádense ás de Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal (dende o cruce con rúa Ervedelo ata cruce con rúa Irmáns Xesta), que xa tiñan entre as limitacións establecidas a de limitar as reunións privadas ata un máximo de 5 persoas e a prohibición de que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa. A decisión tomouse esta mesma mañá, logo da xuntanza do Comité clínico de expertos sanitarios.

Ademais, á vista da situación epidemiolóxica da covid-19 en Galicia, adoptouse a decisión de incluír Vilagarcía de Arousa no grupo de concellos con restricións vixentes, xunto con todo O Milladoiro, no concello de Ames. Nomeadamente, as rúas do Concello amiense que contarán con restricións son, ambos lados da Avenida de Rosalía de Castro e a rúa Anxeríz, nas interaccións coas rúas Raxoeira, Pardiñeiros e Figueira.

Entre as medidas que adoptan estes concellos destaca a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto,Concellos que manteñen restriciónsO Comité de expertos aconsella manter as medidas vixentes en varios concellos. Así, continúan sen cambios Santiago, Silleda, Lalín, Lugo, Ourense, Poio, Pontevedra, Vilaboa, Marín e Verín nos que continúa a vixencia das limitacións establecidas por Sanidade. Así mesmo, o Comité de expertos sanitarios decidíu manter as limitacións que se mantiñan en determinados barrios da Coruña.

Todas estas medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor as 00:00 horas desta medianoite. Ademais, volverán revisarse en sete días.

A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre