Inicio Galicia Sanidade aproba restricións para Vilagarcía e algunhas zonas do Milladoiro (Ames), e...

Sanidade aproba restricións para Vilagarcía e algunhas zonas do Milladoiro (Ames), e amplía as medidas de Ourense a máis rúas

0

A decisión tomouse esta mesma mañá na xuntanza do Comité clínico de expertos sanitarios

A Consellería de Sanidade vén de acordar a inclusión de Vilagarcía de Arousa e algunhas zonas do Milladoiro (Ames), no conxunto de localidades con medidas de restrición. Así mesmo, acordou aumentar o número de rúas con restricións específicas na cidade de Ourense.

Desde esta medianoite, a cidade de Ourense verá ampliada a súa área con especiais restricións, e desde as 00:00h tamén contara con medidas especiais o ámbito territorial delimitado polas rúas do Progreso (desde a Ponte Romana ata o cruzamento coa rúa Praza de Abastos), a rúa Irmáns Xesta, a avenida de Portugal (ata cruzamento coa rúa Irmáns Xesta), o camiño Lobisome, rúa do Salto do Can, rúa Carballo, rúa Sobreira, nacional 525 (dende o cruce coa rúa Sobreira ata o cruzamento coa avenida Ribeira Sacra), avenida Ribeira Sacra ata a Ponte Romana, incluídas estas rúas nos tramos sinalados.

Todas elas, engádense ás de Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal (dende o cruce con rúa Ervedelo ata cruce con rúa Irmáns Xesta), que xa tiñan entre as limitacións establecidas a de limitar as reunións privadas ata un máximo de 5 persoas e a prohibición de que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos de 5 persoas. Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa. A decisión tomouse esta mesma mañá, logo da xuntanza do Comité clínico de expertos sanitarios.

Ademais, á vista da situación epidemiolóxica da covid-19 en Galicia, adoptouse a decisión de incluír Vilagarcía de Arousa no grupo de concellos con restricións vixentes, xunto con algunhas rúas do Milladoiro, no concello de Ames. Nomeadamente, as rúas do Concello amiense que contarán con restricións son, ambos lados da Avenida de Rosalía de Castro e a rúa Anxeríz, nas interaccións coas rúas Raxoeira, Pardiñeiros e Figueira.

Entre as medidas que adoptan estes concellos destaca a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto,Concellos que manteñen restriciónsO Comité de expertos aconsella manter as medidas vixentes en varios concellos. Así, continúan sen cambios Santiago, Silleda, Lalín, Lugo, Ourense, Poio, Pontevedra, Vilaboa, Marín e Verín nos que continúa a vixencia das limitacións establecidas por Sanidade. Así mesmo, o Comité de expertos sanitarios decidíu manter as limitacións que se mantiñan en determinados barrios da Coruña.

Todas estas medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor as 00:00 horas desta medianoite. Ademais, volverán revisarse en sete días.

A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, quérese agora acoutar o máis posible, podendo restrinxirse e regularse determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre