Inicio Galicia Sanidade actualiza o listado de territorios de obrigado rexistro para visitantes a...

Sanidade actualiza o listado de territorios de obrigado rexistro para visitantes a Galicia

0

Entre as novidades está a inclusión de Madrid e a exclusión da Rioxa e de Portugal


Santiago de Compostela, 27 de xullo 2019.- A Consellería de Sanidade ven de actualizar o listado de territorios de obrigado rexistro para viaxeiros que chegan a Gali-cia e que se publicará esta tarde no Diario Oficial de Galicia. Esta actualización ven xustificada pola evolución de la situación epidemiolóxica tanto en distintas comunidades autónomas como noutros países.

Entre as principais novidades a nivel nacional que recolle esta lista actualizada, destaca a inclusión de Madrid, mentres que pola contra xa non será obrigatorio resixtrarse para os viaxeiros procedentes da Rioxa. Continúan na lista Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco. En canto aos cambios internacionais, cómpre sinalar a exclusión de Portugal, polo que as persoas procedentes do país veciño xa non estarán obrigados a proporcio-nar os seus datos de contacto.

Galicia é a terceira comunidade autónoma con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días, de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitaria do Ministerio de Sanidade.

Cómpre lembrar que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha inciden-cia epidemiolóxica 4 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na no-sa comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis pre-coz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns.

As persoas que visiten Galicia, terán un espazo de tempo de vintecatro horas, desde a súa chegada, para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terán que reali-zar cada un dos viaxeiros. Así, a Consellería de Sanidade publicará mañá por primeira vez, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a listaxe dos territorios cuxa incidencia epide-miolóxica requira desta obriga, podendo ser tanto países extranxeiros coma outras co-munidades autónomas. Neste sentido, a listaxe actulizarase quincenalmente, segundo sexa a evolución epidemilóxica de cadanseu territorio.

Dúas modalidades para facilitar a información de contactoPara proporcionar esta información, poderase cubrir o formulario que estará dispoñible na web https://coronavirus.sergas.gal/ ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. A todos os viaxeiros faciltaráselles un contacto por se tivesen algún ti-po de sintomatoloxía, ben a través do seu médico de cabeceira se son residentes con tarxeta sanitaria en Galicia, ou a través do número de teléfono anteriormente citado pa-ra aqueles que non dispoñan dela. Tamén se lles proporcionará información e recomen-dacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren necesarias. Así, por exemplo, no caso de persoas que veñan de territorios cun risco máis alto, independentemente de que teñan sintomatoloxía ou non, podería promoverse a realización dunha proba diagnóstica.

A atención que se considere necesaria polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas que a precisen, incluíndo a realización de probas diag-nósticas ou, no seu caso, dos tratamentos indicados.

Os establecementos de aloxamento turístico estarán obrigados a informar desta medida aos seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turísti-cos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao incio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deberán facelo ás empresas, que despracen aos seus traballadores por motivos laborais.

A medida será efectiva dende a publicación pola Consellería de Sanidade da Orde que regula esta comunicación e o listaxe de territorios considerados de maior incidencia epidemiolóxica. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre