Inicio Galicia Sanidade activa a plataforma tecnolóxica de seguimento coa que rastrexará os contactos...

Sanidade activa a plataforma tecnolóxica de seguimento coa que rastrexará os contactos das persoas infectadas por covid-19

0

O sistema de vixilancia epidemiolóxica permitirá identificar e manter un contacto directo coas persoas que puideran haber tido contacto cun caso Covid-19

A Consellería de Sanidade ven de pór en marcha esta mañá a plataforma tecnolóxica de seguimento coa que rastrexará e monitorizará os contactos das persoas infectadas por Covid-19. Dotado cun equipo inicial de 20 operadores, o departamento sanitario da Xunta estima que superará os 50 profesionais nas vindeiras dúas semanas.

O sistema tecnolóxico de rastrexo empregado en Galicia para identificar posibles novos casos de infeccións por coronavirus, contará cun protocolo único, e encargarase de identificar e contactar con cada unha das persoas que tiveran contacto cun caso positivo por Covid-19.

Tras unha consulta médica, presencial ou telefónica, na que o facultativo diagnostique ao paciente como caso sospeitoso de padecer COVID-19, se lle solicitará a proba PCR. Entón, esta plataforma tecnolóxica activará unha enquisa inicial a esta persoa que presente sintomatoloxía Covid-19 e, tras responder á mesma, solicitaránselle os datos daquelas persoas coas puido haber mantido contacto estreito, desde dous días antes do comezo dos síntomas até o momento do seu illamentoNo caso de que o resultado da proba PCR sexa positiva, solicitáraselle aos contactos que garden corentena durante 14 días desde o último contacto con esta persoa. Así mesmo, comezaría un seguimento diario sobre a posible aparición de sintomatoloxía compatible coa COVID 19 e, de agromar estes síntomas, derivarase ao seu médico. Os devanditos contactos pasarían a ser casos sospeitosos iniciando de novo o ciclo con solicitude de proba PCR, illamento e investigación de novos contactos.

O sistema de rastrexo galego, será monitorizado diariamente por técnicos de Saúde Pública dos Servizos Centrais e das Xefaturas Territoriais, que avaliarán e controlán a calidade de todo o sistema, a validez da información e a resolución de incidencias. Do mesmo xeito, tamén colaborarán nas tarefas de seguimento Atención Primaria, principalmente nos casos confirmados, os servizos de Medicina Preventiva, naqueles casos nos que os pacientes estén ingresados, e os Servizos de Prevención de Riscos Laborais, no caso de producirse algún abrocho neste ámbito.

Desta forma, o Sergas levará a cabo unha vixilancia activa e diaria de tódolos contactos rexistrados podendo, grazas a identificación das súas necesidades específicas, achegárllela información máis axeitada para cada situación.

A plataforma tecnolóxica conta coa flexibilidade suficiente para adaptar a dotación de persoal dedicado especificamente a esta función, de acordo ás necesidades que vaian xurdindo determinadas, e así, verse incrementado proporcionalmente ao número de casos sospeitosos notificados desde o sistema asistencial ao longo do tempo en función da evolución da pandemia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre