Inicio Galicia Rosa Quintana pon en valor o labor do porto deportivo de Portosín,...

Rosa Quintana pon en valor o labor do porto deportivo de Portosín, recoñecido coas bandeiras azul e Q de calidade

0

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Portosín, no concello de Porto do Son, o esforzo do Real Club Náutico do lugar e a calidade dos servizos do seu porto deportivo, un labor recoñecido coas bandeiras Azul e Q de calidade. Así o sinalou durante o acto de izado destes distintivos, onde tamén subliñou que a bandeira azul sitúa unha vez máis a Galicia entre as comunidades que locen maior número de bandeiras, sendo a segunda do territorio español con máis distintivos para praias, e a cuarta con máis recintos portuarios recoñecidos, dispoñendo de 15 portos con bandeira azul.

No caso da bandeira Q de calidade turística, lembrou que este recoñecemento vai un paso máis alá e que se outorga ás praias e ás instalacións náutico-deportivas que rozan a excelencia. Das 21 bandeiras deste tipo outorgadas a nivel nacional, 13 corresponden a infraestruturas portuarias galegas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre