Inicio Galicia Rosa Quintana pon en valor o labor da Armada a prol da...

Rosa Quintana pon en valor o labor da Armada a prol da seguridade e da formación no eido marítimo

0

Destacou a colaboración que mantén a Consellería do Mar coa Armada en materia de seguridade marítima, vixilancia dos espazos mariños e loita contra a contaminación e tamén en materia de formación en mergullo

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo hoxe en valor o traballo que realiza a Armada a prol da seguridade e da formación no eido marítimo. Fíxoo durante as visitas realizadas hoxe en Ferrol ao centro de seguridade da Armada, Escola de especialidades `Antonio de Escaño´ e á Unidade de Mergullo MARFER.

Alí tamén destacou a colaboración que mantén a Consellería do Mar coa Armada en materia de seguridade marítima, vixilancia dos espazos mariños e loita contra a contaminación, a través do Servizo de Gardacostas e de formación, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Con esta cooperación, subliñou, sumamos sinerxías na protección do noso mar e dos seus profesionais e na formación de calidade de mergulladores profesionais.

Isto lévase a cabo, explicou a titular de Mar, co desenvolvemento de adestramentos conxuntos entre as unidades marítimas e aéreas do Servizo de Gardacostas e da Armada. Uns exercicios, sinalou, que son fundamentais no desenvolvemento do labor do Servizo de Gardacostas e que teñen como obxectivo mellorar a coordinación, testar os medios e practicar os protocolos de actuación.

Leer más:  El BNG presentará propuestas en el Congreso y el Senado para conocer la postura del Gobierno sobre la instalación de Altri

Con eles, incidiu, buscamos reforzar a cooperación entre a Administración marítima española e outros organismos como a Armada, relacionados coa seguridade marítima e a loita contra a contaminación mariña accidental.

No eido da formación, engadiu a conselleira, a colaboración entre a Consellería do Mar e a Armada promove o aproveitamento dos recursos dispoñibles en materia de formación en mergullo. Neste sentido, explicou que grazas a ela os aspirantes aos cursos de mergullo organizados pola Consellería poden realizar as probas de compresión e tolerancia de osíxeno nas instalacións da Unidade de Mergullo que ten a Armada en Ferrol.

A isto a conselleira engadiu que a formación é un aspecto clave para a Consellería do Mar, que aposta por adaptar os coñecementos e as capacidades ás novas demandas do mercado laboral para seguir sendo competitivos. De aí, lembrou Rosa Quintana, que este ano incrementemos un 2% os fondos destinados a ensinanzas marítimo pesqueiras.

Na visita ao centro de seguridade da Armada, Escola de especialidades `Antonio de Escaño´ a conselleira estivo acompañada pola directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, Intecmar, Covadonga Salgado, e na da Unidade de Buceo MARFER pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

Leer más:  Se contuvo un vertido de combustible de un camión accidentado en la AP-9, en Pontevedra, gracias a los servicios de emergencias

ColaboraciónA colaboración da Consellería do Mar e a Armada está establecida a través de dous convenios. Un deles é para establecer métodos e procedementos para normalizar os intercambios de información xeral sobre actividades de interese mutuo. Tamén para estudar e promover oportunidades de adestramento mutuo de oportunidade entre unidades aéreas e marítimas do Servizo de Gardacostas de Galicia e as unidades da Armada, especialmente durante as actividades de vixilancia marítima, de modo que permitan mellorar o adestramento mutuo das dotacións e tripulacións de ambos organismos. Este convenio foi asinado no 2015 e ten unha duración de cinco anos.

O outro convenio é para que os aspirantes dos cursos de mergullo da Consellería do Mar, poidan realizar as probas de compresión e tolerancia de osíxeno nas instalacións da Unidade de Mergullo de Ferrol, localizadas na Estación Naval de A Graña e dependente da Unidade da Forza de Acción Marítima en Ferrol. Esta colaboración foi asinada no 2016 e ten unha duración de seis anos. 


- Te recomendamos -