Inicio Galicia Rosa Quintana pon ao porto deportivo de Portosín como exemplo de boas...

Rosa Quintana pon ao porto deportivo de Portosín como exemplo de boas prácticas medioambientais

0


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo de relevo hoxe en Portosín, no concello de Porto do Son, o traballo do Real Club Náutico do lugar en materia de medio ambiente, de difusión de boas prácticas ambientais e de posta en coñecemento da contorna. Un labor recoñecido coas bandeiras Azul e Q de calidade. Así o destacou durante o acto de izado destes distintivos que premian o espírito colaborativo das autoridades municipais, da poboación local e visitante e dos axentes turísticos e o valor do patrimonio natural e mariñeiro de Portosín.

Alí a conselleira estivo acompañada pola Presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e tamén subliñou que estes recoñecementos do Real Club Náutico de Portosín son un exemplo do compromiso de Galicia co turismo responsable e sostible. Este feito reflíctese nas 107 Bandeiras Azuis e nas 21 Bandeiras Q de Calidade Turística coas que contan as praias galegas, o que converte a Galicia na segunda e a quinta comunidade, respectivamente, con maior número de distintivos. Tamén se reflicte nas 12 Bandeiras Azuis e 14 Bandeiras Q de Calidade Turística que este ano acadaron as instalacións portuarias galegas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre