Inicio Galicia Rosa Quintana enxalza o labor da confraría de pescadores de Laxe na...

Rosa Quintana enxalza o labor da confraría de pescadores de Laxe na posta en valor dos produtos do mar de Galicia

0

O proxecto de musealización da lonxa do GALP da zona busca achegar ao consumidor final unha visión o máis próxima posible de todos os pasos que se seguen desde que se extrae o produto no mar ata que chega ao consumidor

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe o traballo da confraría de pescadores de Laxe no proxecto de musealización da lonxa deste concello coruñés, realizado dentro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Costa da Morte. A través desta iniciativa, explicou a titular de Mar, preténdese achegar ao consumidor final unha visión o máis próxima posible de todos os pasos que se seguen desde que se extrae o produto no mar ata que chega ás súas mans.

Así o sinalou hoxe na lonxa de Laxe durante a inauguración deste proxecto a través do que se adecúa a rula para visitas turísticas. O proxecto tamén contempla un espazo de interpretación da cultura mariñeira e dar visibilidade aos produtos da pesca costeira artesanal e aos seus mariñeiros, pois a todas aquelas persoas interesadas que se acheguen explicaráselle o papel do patrimonio marítimo de Laxe e revelarase o significado da cultura mariñeira.

Deste xeito, expuxo Rosa Quintana, a lonxa convértese nun centro cunha maior conciencia e un entendemento maior do que é o recurso interpretado. Ademais funcionará como espazo transmisor da cultura e de educación ambiental vinculada ao mar ao difundir o valor ambiental da Costa da Morte. Esta iniciativa, engadiu, tamén é factor de valor económico, pois permitirá incrementar o emprego local, a cohesión territorial da comunidade e o número de visitantes na lonxa e en Laxe. Todas estas características fan deste proxecto baseado na diversificación do sector do mar unha aposta polas tradicións mariñeiras que contan cun gran valor cualitativo.

Nesta liña puxo este proxecto promovido pola confraría de Laxe como exemplo do valor do traballo dos grupos de acción local do sector pesqueiro na diversificación socioeconómica das zonas costeiras. Uns grupos aos que nos últimos dez anos -antes como grupos de acción costeira e agora como grupos de acción local do sector pesqueiro- a Consellería do Mar aprobou máis de 800 proxectos que xeraron máis de 1.200 empregos a tempo completo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre