Inicio Galicia Rosa Quintana enxalza o compromiso de Santiago Llovo coa Galicia mariñeira e...

Rosa Quintana enxalza o compromiso de Santiago Llovo coa Galicia mariñeira e o seu labor para dignificar o sector do mar

0
image_gallery.jpg


A conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, participou hoxe na presentación do libro de Santiago Llovo A salga no Son, no que o autor busca recuperar a memoria do importante patrimonio preindustrial co que conta este concello e no que analiza 45 fábricas de salgadura das que aínda se conservan vestixios e que eran coñecidas como fábricas de sardiña polos empresarios cataláns que impulsaron o seu desenvolvemento. Por iso, a titular de Mar en funcións enxalzou o compromiso de Santiago Llovo coa Galicia mariñeira e agradeceulle o seu constante labor para darlle dignidade ao mar da comunidade e empurrar cara arriba a autoestima do sector e de todo o que significa.

Este é xa o sexto libro de temática mariñeira que presenta este autor, ao que a titular de Mar en funcións cualificou como un dos grandes historiadores de Galicia sobre o mar, un eido sen o que a comunidade non se entendería. Nesta liña, a representante do Executivo galego salientou que os títulos de Santiago Llovo son obras de arte da etnografía galega e da historia mariñeira e apostou polo desenvolvemento dun plan de acción do patrimonio marítimo-pesqueiro galego que recolla todos os proxectos de recuperación de elementos etnográficos relacionados co mar desenvolvidos na comunidade, como poden ser os diques de marea ou as carpinterías de ribeira. Este traballo suporía recompilar, explicou Rosa Quintana, moitas actuacións xa realizadas, así como outras pendentes, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo nas zonas costeiras desde 2009.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre