Inicio Galicia Rosa Quintana destaca a traxectoria das carpinterías de ribeira que permitiron facerse...

Rosa Quintana destaca a traxectoria das carpinterías de ribeira que permitiron facerse co galardón da Bienal española de arquitectura e urbanismo

0


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo esta mañá unha xuntanza co autor do libro As carpinterías de ribeira en Galicia: a recuperación das súas arquitecturas, Óscar Fuertes, que vén de recibir o premio da Bienal española de arquitectura e urbanismo, pola súa tese sobre a construción naval en madeira. Este galardón, polo xeral, conségueno entidades ou colexios profesionais do ámbito da arquitectura e este ano resultou ser para esta publicación financiada pola Xunta.

Así, o autor do libro trasladoulle á conselleira que, para seguir potenciando este tipo de construcións, dende as carpinterías de ribeira iniciouse unha colaboración como socios no proxecto europeo STRINGofSEAS, co obxecto de valorizar o ecosistema litoral asociado aos oficios tradicionais e ao patrimonio arquitectónico abandonado das industrias do mar. Na xuntanza tamén se acordou a colaboración na celebración dunha xornada para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural para poñer en valor o patrimonio cultural marítimo, un encontro no que colaborará Consellería do Mar. 

Leer más:  Irene Garrido, concejala del PP de Vigo, renuncia para enfocarse en su labor en el Congreso

- Te recomendamos -