Inicio Galicia Rosa Quintana destaca a exposición 'O camiño por mar. De Dublín a...

Rosa Quintana destaca a exposición 'O camiño por mar. De Dublín a Compostela' como mostra da cultura dos pobos mariñeiros

0


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe o “indubidable valor do patrimonio cultural e histórico de Galicia” que recolle a exposición O camiño por mar. De Dublín a Compostela. Esta mostra xira arredor da reconstrución da embarcación tradicional Naomhóig, coa que catro amigos irlandeses viaxaron a remo de Dublín a Santiago en 2014 e que se converteu nun símbolo do Camiño Xacobeo por mar. Tras completar a súa travesía en 2016, un ano despois emprenderon unha ruta pola costa galega que rematou nun accidente en Caminha no que faleceu un dos tripulantes e se perdeu a embarcación. “Estamos ante unha historia tan importante para o noso mar como relevante para toda Galicia pois traspasa fronteiras. Unha bonita historia, custosa en tempo e esforzo que mostra o compañeirismo e os soños sobre non poñerlle portas ao mar e de enmarcar para sempre a idiosincrasia que nos identifica como pobo”, resumiu a titular de Mar.

A exposición, organizada pola Asociación Galega do Patrimonio Industrial Buxa, ten como arranque os primeiros traballos de restauración de Naomhóig que promove a asociación, ao que se suman actividades que rememorarán a tradición da navegación e das históricas relacións galaico-irlandesas. Entre elas está a estrea en España do documental The Camino Voyage, gravado durante esa travesía de case dous anos. “Os catro protagonistas desta aventura son gardiáns dunha parte esencial da cultura dos nosos pobos mariñeiros, como é a recuperación e a preservación do patrimonio marítimo de Galicia”, subliñou Rosa Quintana. “Unha travesía que marca un antes e un despois na historia do Camiño de Santiago por mar e na propia historia do mar de Galicia”, engadiu a titular de Mar.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre