Inicio Galicia Rosa Quintana apela ao traballo conxunto para reactivar o pulo dos tránsitos...

Rosa Quintana apela ao traballo conxunto para reactivar o pulo dos tránsitos da náutica-recreativa na costa galega trala crise derivada do coronavirus

0
image_gallery.jpg

A Xunta está traballando desde o primeiro momento e de cara ao Xacobeo 2021 coas asociacións náuticas galegas e as de ámbito nacional para deseñar estratexias coas que impulsar esta actividade de importante impacto económico


A conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, embarcou hoxe en Muros nun dos veleiros participantes na iniciativa Navega o Camiño para realizar unha a etapa do Camiño de Santiago por mar que vai ata A Pobra do Caramiñal. Antes do embarque, a titular de Mar en funcións puxo en valor a importancia da náutica-recreativa para Galicia e destacou a necesidade de seguir traballando conxuntamente no contexto actual marcado pola crise do coronavirus para recuperar a confianza e reactivar o pulo dos tránsitos deste sector na costa galega.

Neste sentido, a representante do Executivo galego explicou que a Xunta, a través de Portos de Galicia, está traballando desde o primeiro momento e de cara ao Xacobeo 2021, tanto coas asociacións náuticas galegas como de ámbito nacional, para deseñar estratexias coas que impulsar esta actividade de importante impacto económico no sector portuario e no conxunto das vilas que acollen instalacións náutico recreativas.

Un exemplo desas vilas é Muros, da que hoxe parte a etapa que vai ata a Pobra do Caramiñal e que é unha das nove coas que conta Navega o Camiño, iniciativa organizada por North Marinas con distintos colaboradores vinculados ao sector da náutica-recreativa.

Alí Rosa Quintana, que estivo acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, tamén fixo fincapé no esforzo da organización para sacar adiante este evento un ano máis e atendendo ás esixencias que require o contexto marcado polo coronavirus. Nesta liña agradeceu a North Marinas o seu traballo continuo para impulsar os tránsitos da náutica-recreativa e para que a costa galega continúe sendo un polo de atracción turística, uns aspectos, engadiu, nos que tamén é fundamental navegar xuntos.

Unha mostra dese labor conxunto, sinalou Rosa Quintana, son as iniciativas como Navega o Camiño, que representa a suma de sinerxías positiva do Camiño de Santiago e a da náutica-recreativa, que dotan de maior valor unha parte moi importante do acervo cultural, relixioso e turístico de Galicia.‘Navega o Camiño’Navega o Camiño é un xeito diferente de facer o Camiño de Santiago por mar e é a úni-ca ruta a vela que conta coa aprobación do Arzobispado de Santiago. Para obter a acreditación que certifica a peregrinación a Santiago deberá realizarse un mínimo de 100 millas náuticas. A maiores os últimos quilómetros desde a localidade de Padrón se-rán a pé.

Nos portos de North Marinas existe unha rede de puntos de selado destas credenciais, que son La Rochelle, Hondarribia, San Sebastián, Orio (Guipúzcoa), Getaria (Guipúzcoa), Mutriku (Guipúzcoa), Getxo (Vizcaya), Santurzi (Vizcaya), Bermeo (Vizcaya), Laredo, Santander, Lastres, Gijón, Viveiro, A Coruña, Muxía, Muros e A Pobra do Caramiñal. Ademais, desde o ano 2016, North Marinas organiza unha travesía en grupo para dar a coñecer esta peregrinaxe por mar.

A deste ano é a quinta edición desta travesía, empezou o 14 de agosto en Hondarribia e prolongarase ata o 29 deste mes en nove etapas, cunha redución á metade do número de embarcacións participantes con motivo da covid-19, o que supón un total de 12 ve-leiros. O itinerario deste ano pasa por Hondarribia; Bermeo, Bilbao, Santander, Gijón, Viveiro, A Coruña, Muros, A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre