Inicio Galicia Román Rodríguez subliña que a preparación, a seguridade e a hospitalidade son...

Román Rodríguez subliña que a preparación, a seguridade e a hospitalidade son os tres piares para a reactivación do Camiño de Santiago

0

O conselleiro de Cultura e Turismo participou no acto organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés para escenificar o relanzamento desta ruta


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, afirmou hoxe que na Xunta de Galicia “temos claro que a preparación, a seguridade e a hospitalidade deben ser os tres piares para a reactivación das Rutas Xacobeas”. Así o expuxo, na apertura da Andaina Primavera no Camiño, organizado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés para escenificar o relanzamento desta ruta logo da paralización obrigada pola crise sanitaria da covid-19.

Román Rodríguez lembrou a importancia dos camiños do mar e, particularmente, do Camiño Inglés que une Galicia con moitos países do Atlántico europeo, subliñando “o noso desexo de continuar con esa rica historia de intercambio, que arrinca no século XII e chega aos nosos días”. Neste sentido, destacou que a Ruta Xacobea é nos nosos días “un norte caro ao que ollar”.

O titular de Cultura e Turismo da Xunta abundou na explicación lembrando “a necesidade de abrir o Camiño dun xeito seguro para todos” e resaltou o “enorme esforzo” realizado en colaboración cos concellos, a Igrexa, as asociacións de amigos do Camiño e os albergueiros para reforzar a seguridade hixiénico-sanitaria en cada etapa. Finalmente, Román Rodríguez apelou “á ilusión e a sensatez” para chegar a apertura da Porta Santa cos deberes feitos e avanzar sen deixar a ninguén atrás.

No acto tomaron parte, ademais do conselleiro, o alcalde de Oroso e presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás; o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, e o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. Ademais das intervencións institucionais de apertura, o acto incluíu a andaina Primavera no Camiño, desenvolta simultaneamente nos diferentes municipios polos que atravesa esta ruta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre