Inicio Galicia Román Rodríguez subliña que a camelia é un recurso turístico de primeiro...

Román Rodríguez subliña que a camelia é un recurso turístico de primeiro nivel en Galicia, onde hai máis de 8.000 variedades

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración da XI Exposición da Camelia que organiza este fin de semana o Centro Sociocultural Rocha Vella onde salientou que esta flor é un recurso turístico “de primeiro nivel” para Galicia, onde existen máis de 8.000 variedades, moitas delas representadas nesta mostra. “Galicia é un lugar único en Europa en moitos sentidos, pero tamén o é no eido das camelias, xa que a nosa terra ofrece unhas excelentes condicións de cultivo”, precisou.

Esta riqueza de variedades é a que motiva que a Xunta de Galicia dedique importantes esforzos para impulsar a camelia no eido turístico. Neste marco, a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a Ruta da Camelia, un itinerario que conta con 12 paradas en pazos e xardíns históricos. “Trátase dun importante recurso que queremos seguir reforzando e por iso traballamos na creación dun Comité da Ruta da Camelia, un órgano que nos permitirá velar pola calidade dos xardíns e ampliar esta ruta para chegar a máis destinos”, avanzou o titular de Cultura e Turismo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre