Inicio Galicia Román Rodríguez subliña o papel do Museo do Pobo Galego na configuración...

Román Rodríguez subliña o papel do Museo do Pobo Galego na configuración dunha programación cultural de calidade

0

O conselleiro de Cultura e Turismo e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego acordan impulsar actividades culturais conxuntas

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi González, asinaron hoxe un convenio de colaboración co obxectivo de impulsar as actividades culturais que se desenvolven no Museo do Pobo Galego, un espazo cargado de forte simbolismo e un emblema para Galicia e a cidade de Santiago de Compostela.

Trátase dun acordo dotado con máis de 320.000 euros que permite seguir avanzando no obxectivo de ofrecer unha programación pensada para todos os galegos, así como para os milleiros de peregrinos e turistas de todas partes do mundo que visitan a nosa Comunidade. O titular de Cultura e Turismo explicou que a finalidade desta colaboración é xerar, xunto co Centro Galego de Arte Contemporánea, “un polo tractor para o turismo e a cultura nesta parte da cidade”.

Obras de ampliaciónAdemais, a preguntas dos medios de comunicación, Román Rodríguez avanzou que está previsto que as obras de ampliación do Museo do Pobo Galego comecen a vindeira semana e que as actuacións estean rematadas no próximo verán. “Trátase dunha obra licitada polo Consorcio da cidade de Santiago na que colaboramos o Estado, a Xunta e o Concello de Santiago. Xuntos aportamos os case 3 millóns de euros precisos para levar a cabo esta ampliación”, afirmou o titular de Cultura e Turismo.

Esta ampliación permitirá que o Museo conte cunha nova á dedicada á nosa historia máis recente. A nova museografía está xa contemplada nos Orzamentos da Xunta para o ano 2020, cunha partida inicial de 200.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre