Inicio Galicia Román Rodríguez subliña o compromiso da Xunta para apoiar a recuperación do...

Román Rodríguez subliña o compromiso da Xunta para apoiar a recuperación do turismo nas Rías Baixas

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, acompañado polo alcalde de Sanxenxo, mantivo unha videoconferencia con representantes de Viajes Interrías

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia co sector turístico das Rías Baixas durante unha videoconferencia con representantes dun dos principais touroperadores galegos, Viaxes Interrías, empresa pontevedresa cunha traxectoria de máis de 30 anos. O encontro, no que estivo acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, enmárcase na rolda de contactos que o Goberno galego está a manter nas últimas semanas cos distintos axentes turísticos para avaliar o actual escenario e deseñar accións para facer fronte aos seus efectos, neste caso nun dos principios destinos da Comunidade.

Nesta reunión telemática, na que tamén participou o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, o conselleiro explicou que a Xunta ultima un plan de reactivación autonómico para os sectores cultural e turístico, cun investimento de máis de 25 millóns de euros co obxectivo de minimizar o impacto extraordinario que esta situación supón na súa actividade.“As Rías Baixas son a capital do turismo en Galicia, e xuntos –empresas, entidades locais e Xunta– debemos traballar no día despois promocionando Galicia como destino seguro”, afirmou Román Rodríguez, engadindo que “temos un gran reto por diante que supón acondicionar os establecementos á nova situación, recuperar a confianza dos consumidores e ser capaces entre todos de volver a un modelo turístico que será diferente pero que, sen dúbida, está chamado a ser un motor económico para as Rías Baixas e Galicia”.

Xerar confianzaO conselleiro avanzou as primeiras medidas xa en marcha en materia turística, ámbito que representaba o 10,4% do PIB e o 11% do emprego da Comunidade antes do inicio da crise do coronavirus. Entre elas, destacou o desenvolvemento dun Plan de seguridade hixiénico sanitaria para intensificar a confianza de traballadores e turistas, o deseño dunha campaña de promoción que reforce Galicia como destino seguro e o Plan de teleformación a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), que está a ser moi ben acollido polo sector, pois conta xa cunha quincena de cursos e máis de 2.000 usuarios inscritos.

Ao longo destas últimas semanas, Román Rodríguez recompilou as achegas de diversos axentes galegos co fin coñecer as súas necesidades e telas en conta á hora de poñer en marcha as distintas iniciativas que formarán parte do Plan de Reactivación, dotado con fondos autonómicos e que será remitido a outras administracións para enriquecerse coas súas achegas. Neste sentido, incidiu na necesidade de manter unha intensa colaboración público-privada para traballar no día despois, con medidas no curto, medio e longo prazo.

Calendario de desescaladaRomán Rodríguez destacou que o Plan de reactivación para os sectores cultural e turístico da Xunta deberá ir acompañado dun plan nacional neste ámbito que enriqueza o modelo galego par poder superar esta crise, algo xa solicitado ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Neste sentido, salientou que a planificación “é máis necesaria que nunca”. Por iso cómpre agardar que o Goberno do Estado, facendo uso das súas competencias no estado da alarma, fixe un horizonte de volta á nova normalidade en todos os sectores económicos.

Neste sentido, lembrou que Xunta de Galicia colabora de xeito constante e leal co Goberno central desde o inicio da crise do coronavirus. Unha colaboración que se puxo de manifesto cando a Administración autonómica propuxo a creación de aloxamentos turísticos de garda para cubrir as necesidades de colectivos esenciais e vulnerables, unha idea exportada ao conxunto do Estado. Tamén nas diferentes reunións nas que se trasladou o traballo que se está a facer desde Galicia e as demandas específicas do noso sector turístico e compartindo as primeiras conclusións do grupo de traballo para o plan de seguridade sanitaria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre