Inicio Galicia Román Rodríguez subliña o compromiso da Xunta co audiovisual galego na presentación...

Román Rodríguez subliña o compromiso da Xunta co audiovisual galego na presentación de ?A Galiña Turuleca?

0

O conselleiro de Cultura e Turismo precisou que este ano o Goberno autonómico destinou máis de 2,6M€ a apoiar a proxectos do audiovisual galego

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado polo director da Agadic, Jacobo Sutil, participou hoxe no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela na presentación de A Galiña Turuleca, a película de animación 3D producida por Tandem Films e a empresa de animación galega Filmax que retoma á personaxe da famosa canción infantil popularizada polos Pallasos da Tele para relatar a historia de Turuleca, unha galiña singular e cun gran talento oculto.

Durante a presentación, o titular de Cultura e Turismo subliñou o compromiso da Xunta co audiovisual galego e precisou que este ano o Goberno autonómico destinou máis de 2,6 millóns de euros a apoiar proxectos do audiovisual galego. “A produción e distribución do cine galego é unha prioridade para a Xunta de Galicia e por iso poñemos en marcha a través da Agadic diferentes liñas de axuda que permiten aos profesionais do sector desenvolver os seus traballos e asistir a festivais, foros e mercados nacionais e internacionais”, explicou Román Rodríguez antes de engadir que “destes máis de 2,6 millóns de euros, 2 foron destinados á produción”. Nesta mesma liña, cómpre lembrar que a Xunta anunciou onte a convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual para 2020 cunha dotación de 190.000 euros, o que supón un incremento de máis dun 11% respecto á de 2019.

Román Rodríguez tamén agradeceu o compromiso co audiovisual galego de todas as empresas implicadas e destacou que con esta produción Galicia “volve a ocupar un posto importante no panorama da animación, un sector no que sempre destacamos”.

Pase nos hospitais galegosA Galiña Turuleca contará cunha versión en castelán e outra en lingua galega e chegará aos cines de toda España o vindeiro 1 de xaneiro e lanzarase na Arxentina en xullo do vindeiro ano. Ademais, os nenos galegos poderán gozar mañá dun pase especial no Pazo de Congresos e Exposicións que terá lugar ás 18,00 horas.

Por outra banda, cómpre destacar que despois da estrea, e grazas á implicación da Fundación Andrea, a película proxectarase nos hospitais das sete cidades galegas, onde os nenos ingresados poderán desfrutar das aventuras de Turuleca.

Turuleca é unha galiña singular cun peculiar aspecto que non lle permite poñer ovos, o que destaca ás burlas do resto do galiñeiro. Un día, Isabel, unha exprofesora de música que a leva a vivir a súa granxa e descobre o seu talento oculto: Turuleca pode falar e cantar.

Para relatar esta historia, na película combínanse divertidas cancións orixinais e versións de temas mundialmente coñecidos como A Macarena, La via en rose o Será que no me amas coas célebres cancións dos Pallasos Gaby, Fofó e Miliki.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre