Inicio Galicia Román Rodríguez subliña a aposta da Xunta por incentivar o turismo nas...

Román Rodríguez subliña a aposta da Xunta por incentivar o turismo nas Rías Baixas máis alá dos meses do verán

0


Sanxenxo, 28 de novembro de 2019.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, subliñou hoxe a aposta da Xunta por incentivar o turismo nas Rías Baixas máis alá dos meses do verán. Fíxoo durante a presentación do proxecto Mar de lo imaginas, impulsado polo concello de Sanxenxo para favorecer a desestacionalización turística desta vila e atraer visitantes fóra da tempada estival.

Segundo o responsable do departamento de Cultura e Turismo, unha mostra do traballo realizado polo Goberno galego neste eido son os datos rexistrados no mes de outubro, que sitúan a Galicia como a Comunidade na que máis medrou a cifra de viaxeiros, cun alza do 9,6% fronte o 1,6% do resto do Estado. Destacou tamén a recente posta en marcha de programas para favorecer a desestacionalización e descentralización do turismo da Comunidade como Elixe Galicia, coa que a Xunta financiará preto de 13.000 estadías.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre