Inicio Galicia Román Rodríguez sitúa o Centro Superior de Hostelería como referente no sector...

Román Rodríguez sitúa o Centro Superior de Hostelería como referente no sector a nivel internacional

0

O conselleiro de Cultura e Turismo inaugura o curso 2018/19 na escola, á que definiu como un modelo de formación de excelencia e que, ademais, garante altas taxas de inserción laboral tanto en Cociña como en Xestión Hoteleira

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inaugurou o curso 2018/19 no Centro Superior de Hostelería de Galicia, ao que definiu como un referente a nivel internacional e un modelo de formación de excelencia, con profesionais altamente cualificados, adaptados aos tempos actuais e que logran colocarse no mercado laboral.

De feito, explicou que o grao de inserción laboral do alumnado que cursa o Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña (de 2 anos de duración) é do 100%. No caso do Diploma Superior de Xestión Hoteleira (de 4 anos de duración), cómpre sinalar que 85 de cada 100 titulados acceden a postos de mando intermedio no sector tras só pasados 10 meses desde o remate dos estudos.

Estes datos, en palabras de Román Rodríguez, demostran que “os estudos de Hostelería son unha porta aberta ao emprego” e que as prácticas que os alumnos do centro realizan por todo o mundo son “unha excelente oportunidade para unha inserción laboral altísima”. A día de hoxe este curso un total de 264 alumnos; no anterior foron 301, dos que 269 fixeron prácticas en cadeas hoteleiras de todo o mundo.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

Así mesmo, salientou que, ademais de obter unha formación de excelencia, o alumnado da escola representa a Galicia e á gastronomía galega no estranxeiro. Tal e como explicou o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia, “Galicia é coñecida, entre outras cousas, pola súa gastronomía, que é un dos seus grandes reclamos turísticos. Vós tedes a enorme responsabilidade de representar esa gastronomía, exportando tamén o nome de Galicia, e o que significa ser galegos, no mundo enteiro”, afirmou.25 aniversario do centroAdemais, Román Rodríguez tamén lembrou que o Centro Superior de Hostelería de Galicia estará de aniversario o vindeiro 2019, onde se celebrarán os 25 anos de existencia da escola, “25 anos creando talento”, aseverou. Unha oportunidade que, segundo o conselleiro, axudará a reforzar o vínculo cos antigos alumnos e a optimizar as posición e relevancia deste centro referente e exemplar no ámbito da restauración e no ámbito hoteleiro.

Ademais do conselleiro, no acto tamén participou a directora de Turismo, Nava Castro; o profesor do centro, Andrés Nieto; a vicerreitora de Titulacións da Universidade de Santiago, Victoria Otero; e dous exalumnos do centro.  

Leer más:  Rescatan a un hombre tras precipitarse por un barranco el coche que conducía en Covelo (Pontevedra)

- Te recomendamos -